Skip to Content

Actividades, Novas, Comedor, Solicitudes e Regulamentos

Comedor Escolar 2024-2025

 

Como tódolos anos dende a ANPA xestionamos o comedor escolar, a continuación podedes consultar funcionamento, prazas, prezos y fechas importantes.

 

Inscripción

 

Inicio de curso: Debedes cubrir o formulario de solicitude de alta accedendo a www.jardanay.es, durante o período de inscrición telemático entre os días 1 e 30 de agosto de 2024 (incluídos) a través exclusivamente da páxina web de Jardanay: www.jardanay.es .

 

Durante o resto do curso:    novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial, poderanse realizar na web de jardanay ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas únicamente a partir do día 1 do mes seguinte.

 

 

Como facer a inscrición

Na área de clientes da web de www.jardanay.es, escollede  a opción CEIP Emilio González López (na columna central) e indicade as claves:

  • Usuario: emilio

  • Clave: comedores2024

 

Débese cubrir todo o formulario de alta e escoller unha das seguintes modalidades de servizo:

 

  • Modalidade fixa: Resérvase a praza de comedor de luns a venres.

  • Modalidade descontinua: 1, 2 ,3 ou 4 días concretos á semana.

  • Modalidade esporádica: Resérvase a praza (sempre que existan prazas dispoñibles) de días soltos que se avisarán como mínimo un día antes contactando coa ANPA a través do correo anpabrexolema2013@gmail.com e abonaranse en efectivo á coidadora do comedor.

  • Comedor na casa: Resérvase a comida para levar que se entrega ás familias á saída do cole.

 

Deberase cubrir un formulario por cada un dos nenos que queiran usar o servizo.

Se o formulario está correctamente cumprimentado, recibiredes unha copia da solicitude a través do correo electrónico que indiquedes no formulario. Se facedes máis de unha solicitude, recibiredes unha copia por cada unha.

 

Dietas e alerxias alimentarias

Dieta branda: avisarase por teléfono á oficina (981 12 66 27) antes das 09:00 da máñá.

Alerxia e intolerancias: é imprecindible encher o formulario da web de Jardanay para solicitar unha dieta adaptada (Formulario: "Dietas Espciales (alérgicos, intolerantes, motivos religiosas)"). Unha vez feito , dende intolerancias@jardanay.es conformaranvos a recepción a data de comezo da dieta.

No mesmo formulario podedes modificar as alerxiaas ou iintolerancias necerarias.

Non admitiranse solicitudes por calquera outro medio (mail, teléfono, comedor...)

 

Prezo

Modalidade Precio mes
Fixo mensual 93,37 €
Fijo 4 días 76,63 €
Fixo 3 días 58,06 €
Fixo 2 días 38,91 €
Fixo 1 día 19,58 €
Espporádico 6,65 €

Descontos

Desconto do 10% na mdalidades máis economica cando existan dous irmás ou irmáns usando o servizo.

Desconto do 20% na modalidades máis económica se son tres o máis irmás ou irmáns usando o servizo

 

Forma de pago

Sempre mediante domicialización bancaria, o día 15 de cada mes

Os alúnm@s esporádic@s  adquirirán os vales para usar o servizo a través da plataforma de pago online na web de Jardanay.

As ausencias ou non uso do servizo de comedor non exime do pago da cuota

Seguro

Todos os usuarios do comedor deben estar cuberrtos por un seguro escolar que págase de forma única ao principio de ano, con un prexo de 9 € aproximadamente. 

Para facer o seguro é necesario cubrir o formulario de ANPA www.form.gle.

Se o nen@ nos está asegurado non poderá usar o servizo de comedor

 

Recollida

 

Os tres horarios de recollida dos nenos e nenas dispoñibles á vosa elección son:

  • 15:30h
  • 16:30h
  • Se están anotados a actividades extraescolares, 17:45h.

 

Os nenos e nenas terán un tempo de ocio e xogos ao aire libre ou no pavillón, antes da súa recollida.

 

 

Cambio menú dia 21 de xuño

Hoy, ultimo día de cole, Jardanay quere facer un menú especial para os máis pequenos e por iso substitúen o segundo prato por pizza artesá de xamón, tomate e mozarella.

 

O resto do menú permanece sen cambios e ten o seguinte aspecto:

 

Primeiro prato 

 

- Crema de campo

 

Segundo prato

 

- Pizza artesá de tomate, xamón e mozzarella

 

Sobremesa

 

- Froitas de tempada (ameixas)

INSCRICION DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E ANPA 24/25

Todas as inscripcións para actividades extraescolares (AAEE) e familias socias (ANPA) serán exclusivamente online mediante os seguintes formularios:

 

AAEE (unha por filla/o)

ANPA (unha por familia)

MODIFICACIÓNS E BAIXAS AAEE (unha por filla/o)

CAMBIOS DE CUENTA CORRIENTE/DATOS DE CONTACTO

 

Estes formularios son moi sinxelos, e pódense facer dende o móbil ou ordenador.

 

Para calquera dúbida ou problema escribídenos como sempre a anpabrexalema2013@gmail.com

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024/2025

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Importante: como moitos saberedes, no Concello de Cambre hai unha situación de grave bloqueo administrativo, que está provocando impagos  con nós e moitas empresas. Debido a isto, vémonos obrigados a retrasar o comezo das actividades extraescolares. Comezaremos en outubro sempre e cando a situación no Concello se resolva antes. No mes de setembro, unha vez iniciado o curso, daremos máis información.

CURSO LUNS MARTES MERCORES XOVES VENRES
Inf a 1º EP Patinaxe I Xogos musicais Zumba I Baile galego I Futbol
        Natación I
6º EI e 1º EP     Ximnasia rítmica I    
2ºEP  a 6ºEP Patinaxe II Teatro  Ximnasia rítmica II Baile galego II Zumba II
Pintura Atletismo Judo Balonmán Natación II

 

 Funcionamento: As actividades comezan despois do comedor, de 16:30h a 17:45h agás Natación, que é cada venres de 18:30h a 19:15h. 

As familias podedes escoller o servizo de bus gratuíto ata a Piscina da Barcala, sinalando na Ficha de Inscrición de Actividades o servizo ida, ida e volta e a parada correspondente. Para poder ofrecer o servizo de bus será necesario ter un mínimo de 10 nen@s.

Número de alumnos por actividade: as actividades teñen un número máximo de alumn@s, segundo o curso son:

  • Infantil a 1º de EP: 12 nenas e nenos

  • 2º a 6º EP: 15 nenas e nenos

  • En pintura o aforo será de 8 a 10 nenas e nenos

 

Prezos e descontos: O prezo mensual por actividade e alumno/a é de 12€ (pendente do convenio co Concello), Natación ten un prezo de  22 € aprox. que pode ter lixeiras variacións en función da decisión do pleno do Concello.  Aplicaremos a máis vantaxosa, pero non son acumulables.

  • Aplicamos un 100% de desconto ás familias con informe de Servizos Sociais.

  • Aplicamos un 50% de desconto ás familias numerosas. 

  • Aplicamos un 30% de desconto na terceira actividade e sucesivas dun mesmo neno/a , só se se manteñen durante o trimestre completo (o desconto aplicarase no prezo da actividade con menos valor).

 

Data de inicio das actividades: As actividades extraescolares comezarán a partir de outubro 2024,sempre e cando a situación no Concello se resolva antes. No mes de setembro, unha vez iniciado o curso, daremos máis información.

Inscrición: Queda aberto o prazo de inscrición do 20 de xuño ao 30 de agosto (ambos incluídos).

Solicitude: Para solicitar a alta nas actividades extraescolares cubride os formularios online do AAEE e ANPA. Tamén están dispoñibles no espazo ANPA da web  do cole e serán enviados ós grupos de WhatsApp das clases.

Confirmación de praza: Comunicarásevos a confirmación definitiva da praza antes do inicio de curso. De non haber prazas suficientes para as solicitudes, aplicaranse por orde estes criterios de selección: 

 

  • Estar inscrito nesa actividade o pasado curso 2022/23.

  • Estar en lista de espera desa actividade no curso 2022/23.

  • O alumnado con irmáns anotados nalgunha actividade o pasado curso 2022/23.

  • O alumnado inscrito en prazo nalgunha actividade do curso 2024/25, se a actividade que escolleu non se leva a cabo por non chegar ao número mínimo de inscritos.  

  • Por orde de inscrición (quedan prazas reservadas para o novo alumnado do CEIP). 

 

 Modificacións e altas durante o curso: Pódese cambiar dunha actividade a outra ou solicitar a alta nova soamente ao comezo do mes, sempre que haxa praza dispoñible. As baixas, salvo motivo xustificado, poderán solicitarse trimestralmente (ó final de cada trimestre), co fin de garantir a continuidade na actividade para o resto do grupo. Para solicitar baixa ou modificacións debe encher o formulario online.

 

Seguro escolar de accidentes, familia socia da ANPA e familia autorizada para recoller ao alumnado: Para facer efectiva a praza en calquera actividade, lembrade cubrir a Ficha de Inscrición da ANPA para: 

  • Autorizar o pago e facilitar a conta bancaria para facer efectivo o pago de 1 cota única e anual por cada neno/a de 8€ aproximado correspondente ao Seguro Obligatorio de Accidentes. (O importe é de 8€ aprox. por neno/a ao ano independentemente que use o servizo de comedor, as actividades extraescolares ou ambos).

  • Indicar os datos dos familiares autorizados para recoller ao alumnado das actividades. 

  • Indicar se queredes ser familia socia da ANPA.

Tedes á vosa disposición o noso correo anpabrexolema2013@gmail.com para calquera comentario,  suxestión ou dúbida.

 

 

CIRCULAR INFORMATIVA-CURSO 2024/2025

 

Estimadas familias, mediante a presente informámosvos da planificación dos nosos servizos de cara ao novo curso escolar 2024/25.

 

Familias de nova inscrición no Centro: Informámosvos que os servizos de COMEDOR e ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES os xestiona directamente a Asociación de Nais e Pais: ANPA Brexo-Lema do CEIP Emilio González López, a través da contratación de empresas especializadas. Por outra banda, se queredes recibir avisos por whatsapp da ANPA, enviádenos un email a  anpabrexolema2013@gmail.com indicando o voso número de teléfono.

 

Como o ano anterior a  inscrición na ANPA, AAEE (Actividades Extraescolares), e Seguro para o comedor escolar farase únicamente a través das seguintes ligazóns:

  • AAEE https://forms.gle/GC3YVzdg5ZhY7zCm6
  • ANPA  https://forms.gle/U7M1DhLU2MRhjcg28

 

RESUMO DOS PROCEDEMENTOS:

 

Segundo a preferencia de cada familia, deberanse seguir os pasos descritos a continuación:

 

  • Nen@ usuario de comedor únicamente: Páxina web de Jardanay+ Formulario ANPA.
  • Nen@ usuario só de AAEE: Formulario de AAEE+Formulario ANPA.
  • Nen@ usuario de comedor+AAEE: Web de Jardanay+ Formulario AAEE+Formulario ANPA.
  • Familia únicamente socia da ANPA: Formulario ANPA.

 

NOTAS:

  • Só fai falla enviar un único formulario ANPA para todos os nen@s dunha mesma familia. 
  • Prazo de inscrición nas AAEE: do 20 de xuño  ao 30 de agosto, ambos incluidos.
  • Prazo de inscrición no comedor (na web de Jardanay): do 1 ó 30 de agosto.

 

A través do correo anpabrexolema2013@gmail.com podedes contactar con nós para resolver calquera dúbida que vos poida xurdir.

MENÚ SEGUNDO TRIMESTRE CURSO 2023-2024

Distribuir contido


by Dr. Radut