CIRCULAR INFORMATIVA-CURSO 2024/2025
Estimadas familias, mediante a presente informámosvos da planificación dos nosos servizos de cara ao novo curso escolar 2024/25.
Familias de nova inscrición no Centro: Informámosvos que os servizos de COMEDOR e ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES os xestiona directamente a Asociación de Nais e Pais: ANPA Brexo-Lema do CEIP Emilio González López, a través da contratación de empresas especializadas. Por outra banda, se queredes recibir avisos por whatsapp da ANPA, enviádenos un email a anpabrexolema2013@gmail.com indicando o voso número de teléfono.
Como o ano anterior a inscrición na ANPA, AAEE (Actividades Extraescolares), e Seguro para o comedor escolar farase únicamente a través das seguintes ligazóns:
- AAEE https://forms.gle/GC3YVzdg5ZhY7zCm6
- ANPA https://forms.gle/U7M1DhLU2MRhjcg28
RESUMO DOS PROCEDEMENTOS:
Segundo a preferencia de cada familia, deberanse seguir os pasos descritos a continuación:
- Nen@ usuario de comedor únicamente: Páxina web de Jardanay+ Formulario ANPA.
- Nen@ usuario só de AAEE: Formulario de AAEE+Formulario ANPA.
- Nen@ usuario de comedor+AAEE: Web de Jardanay+ Formulario AAEE+Formulario ANPA.
- Familia únicamente socia da ANPA: Formulario ANPA.
NOTAS:
- Só fai falla enviar un único formulario ANPA para todos os nen@s dunha mesma familia.
- Prazo de inscrición nas AAEE: do 20 de xuño ao 30 de agosto, ambos incluidos.
- Prazo de inscrición no comedor (na web de Jardanay): do 1 ó 30 de agosto.
A través do correo anpabrexolema2013@gmail.com podedes contactar con nós para resolver calquera dúbida que vos poida xurdir.