Skip to Content

Comedor

COMUNICADO DE JARDANAY EN RELACIÓN A SUSPENSIÓN DAS CLASES POLO CORONAVIRUS

 

Entroido 2020

MENÚ 2º TRIMESTRE

Cambio de menú

CAMBIO DE MENÚ

Mañá venres 20 de decembro de 2019 haberá una cambio de menú no comedor:

 

1° Prato: Ensalada variada de leituga, tomate, cenoura, millo e aceitunas no lugar de Caldo galego

---------------------------------------------------------------------------------------

2° Prato: Pizza artesá de tomate, xamón e mozarella

 

Para o alumnado alérxico: Sopa de estrelas

 

Desculpade as molestias

 

Cambios nos menús do comedor escolar no primeiro trimestre

MENÚ PRIMER TREMESTRE

Boas familias:

Prema na imaxe para poder ver o menú do 1º tremestre.

 

 

TURNO CORRIDO

Estimadas familias,

 

 Informámovos de que no presente curso 2019/20, por mor do incremento de familias usuarias do servizo de comedor, haberá días nos que a demanda supere o aforo de 50 persoas por turno.

 

 Co fin de respectar dito aforo e garantir a boa marcha do servizo, a ANPA, a Dirección do Centro e Jardanay decidimos implantar o sistema de Turno Corrido. Este sistema consiste en dividir o servizo en dous turnos: O primeiro á hora e co aforo habituais (50 persoas ás 14:30h) e o segundo, o Turno Corrido, no que entrarán a comer as nenas e nenos restantes a medida que vaian terminando os do primeiro turno.

 

Aínda que o alumnado que constituirá o Turno Corrido será preferentemente o de máis idade, observaranse as súas necesidades e particularidades (hora de saída, ritmo de comida, etc) e se fóra o caso, reubicaranse no primeiro turno aquelas nenas e nenos que o precisen. En calquera caso, estarán acompañados en todo momento do persoal de Jardanay e agardarán a entrada ao comedor no patio ou na aula de música.

 

Dado que o número de persoas que excede o cupo é pequeno, consideramos que a implantación deste sistema non repercutirá no día a día da prestación do Servizo.


Para calquer dúbida ou suxestión, falade connosco ou dirixídevos ó correo  anpabrexolema2013@gmail.com 

 

Moitas grazas pola vosa atención. A ANPA                                                                    En Brexo-Lema, a 20 de setembro de 2019

MENÚ MES DE SEPTEMBRO

Ola familias:

Darvos a benvida ás familias novas ao centro e un bo comendo ao curso 2019/2020 a todas as familias.

Grazas por contar co apoio do Anpa e a colaboración das familias.

Aquí deixámosvos o menú do mes de setembro.

Calquera dúbida poñervos en contacto co Anpa en anpabrexolema2013@ gmail. com

Prema na imaxe para ver o menú.

 

 

Informacion Jardanay curso 2019/20

Ola familias:

Deixámosvos información sobre Jardanay, como rexistrarse na web, nome de usuario e contrasinal, prezos, etc ... esperamos que vos axude.

Calquera pregunta enviar un correo electrónico a anpabrexolema2013@gmail.com

Prema na imaxe para ver mais informacion.

 

Grazas

Cambio no menú escolar 19 e 20 de xuño 2019

Os nenos e nenas hoxe comerán de segundo tortilla paisana (onte comeron merluza á romana). A guarnición mantense sen cambios. 

Desculpade as molestias

Distribuir contido


by Dr. Radut