You are hereBlogues / blogue deraquel

blogue deraquel


Magosto sticky icon

 

O  OURIZO

Co seu ouro vello, mol,

o ourizo ouriceiro

toma o sol

no bico dun castiñeiro.

  

Tal un señor moi mandón:

no bico dun castiñeiro

o ourizón

toma o sol moi riseiro.

  

O ourizo está moi ledo

coa súa casa ben pechada

-ouh, que medo!-

de espiñas toda cercada.

  

Quer botar unha risada

e os seus dentes arregaña

case un nada:

e xa fuxiu a castaña...!

Manuel María (Os soños na gaiola)

O venres 11 de novembro, o noso alumnado disfrutou dunha mañá especial con xogos populares seguidos dunha merenda de bolos preñados e castañas.Canso

Os xogos relizados foron O Tornado, Atrapa o Trono, Carreira de relevos de Soles, Tempestade e Marexada. O alumnado de 6º , coa axuda do mestre de educación física, exerceron de encargados. Fixérono estupendamente!

Saída de 4º á Biblioteca Municipal de Chantada sticky icon

Desta vez foron os alumnos de 4º os que puideron saír a visitar a Biblioteca Municipal de Chantada, e coma sempre, alí foron cordialmente acollidos por María Luisa e María Teresa; gracias por acercarnos a este mundo tan maravilloso que é o dos libros!

E como non, dsifrutaron da lectura do conto "A figueira de Pelostortos".

Ata pronto!

Visita á biblioteca Municipal de Chantada de 3º sticky icon

 

O xoves 27 de novembro o noso alumnado de 3º foi convidado a visitar a biblioteca Municipal de Chantada. Alí, coma sempre, foron recibidos con moito entusiasmo por María Luisa e Teresa, que lles ensinaron as instalacións, lles explicaron o funcionamento das mesmas e mesmo lles contaron o conto de "A figueira de Pelostortos". Tamén disfrutaron dun momento de lectura individual. Gracias pola vosa acollida, ata pronto!

Samaín sticky icon

ADIVIÑA

Entre pócemas e brebaxes;

e algún que outro malefeicio

ser a mala dos contos

foi sempre o meu ofico.

Quen son? 

 

 

Ves o erro nesta foto?  A ver se o atopas, ánimo!

 

O noso cole encheuse de pantasmas, bruxas e curuxas, monstros e arañas....mirade, mirade!

 

As nosas aulas non foron para menos....mirade a de 1º !

 

 

Os nosos cativos de infantil difrutaron dunha sesión de contacontos levada a cabo na biblioteca polas propias mestras de infantil. Non faltaron sustos, suspense, emocións e sobre todo.....moitas risas!

Saída do alumnado de 6º curso sticky icon

O mércores 26 de outubro, o noso alumnado de 6º foi invitado a asistir, xunto con outras clases da comarca, a unha charla na biblioteca Municipal de Chantada. Esta actividade, que trataba sobre a ciberseguridade, foi impartida polo Correo do Vento. Gracias pola invitación!

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar