You are hereBlogues / blogue deraquel

blogue deraquel


Día da árbore - 21 marzo 2022 sticky icon

Grazas ao personal do concello, que nos axudaron a plantar árbores no patio do colexio, ademáis de darnos uns conselliños para coidalas!

E noraboa aos gañadores das árbores, esperamos fotiños das mesmas para ver como van medrando!

8 de marzo - Día da muller sticky icon

"Poema á muller galega" de Manuel María

É criminal, no tempo que corremos,
comparar a muller a mais a flor
cando as mulleres de Galicia
teñen que emigrar
pra Francia, Suíza i Alemania
como antes emigraban
pra Cuba, Arxentina e Venezuela.
As muleres galegas non teñen
luceiros en vez de ollos
senón tristura arrepiante
de ollar un mundo inxusto
que está ó seu redor........

Entroido 2022 sticky icon

Eu do entroido teño medo

deste feo cigarrón:

vai choutando polas rúas

as súas chocas fan tolón!

Faremos as carautas,

troulearemos a cachón.

Pero gústame o entroido

polos grelos e o lacón,

pediremos polas portas

filloas, chulas, roscóns...

A cachucha, os chourizos,

o entrecosto e os roxóns.

         Ana María Fernández

Día de Rosalía 2022 sticky icon

Teño tres pitas brancas

e un galo negro

que han de poñer bos ovos

andando o tempo.

e hei de vendelos caros

polo xaneiro;

e hei de xuntar os cartos

para un mantelo,

e heino de levar posto

no casamento.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar