You are hereBlogues / blogue deraquel

blogue deraquel


8 de marzo 2022 sticky icon

Hoxe, 8 de marzo, día da muller, dende a biblioteca recomendamos os seguintes libros:

Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.

Mulleres brillantes, intelixentes e valentes que contribuíron a mellorar o noso mundo e romperon as barreiras que, pola época na que lles tocou  vivir, lles foron impostas. 

Boa lectura!

Samaín 2021 sticky icon

Os nosos druidas facían

unha pócima sagrada 

feita de auga e de lume,

a que chamaban queimada,

que arredaba o cheiro a estrume

e o fedor a podredume

das meigas e malas fadas

e, si os vivos a bebían,

a seus corpos daba bríos

 

Todas as actividades realizdas teñen que ver co Camiño de Inverno que pasa por Chantada para rematar en Santiago.

Samaín nas familias. As familias buscaron lendas terroríficas da contorna, relacionadas con lugares por onde pasa o Camiño de Inverno a Santiago

 

Lendas terroríficas do Camiño de Inverno.

Cada curso traballou unha lenda de lugares por onde pasa o Camiño de Inverno.

Infantil e 1º curso de Primaria: “A cabaza do peregrino”

O conto de “Corre, correcabaciña” e manualidade

2ºA Primaria: “A moura do Castro – Aira da Vila”

2ºB Primaria: “A lenda das lavandeiras”

3º Primaria: “Lenda da ponte do demonio”

4º Primaria: “A dama do castro de Gundivós”

6ºA Primaria: “Lenda da lagoa da serpe”

Inglés: “Lenda as xacias”

 

Manualidade: Decoramos as nosas máscaras.

Cantamos. Todo o centro, cantamos e bailamos unha canción para esta celebración, chamada “Camino en Halloween – Luli Pampin”

 

Disfrazámonos. Todos viñeron disfrazados de maneira monstruosa o día 29 de outubro. Que guapos estabades!!!!e quentor a súas ánimas.

 

1 de Outubro 2021 sticky icon

1 de Outubro- Día das persoas maiores

"Avoíña, avoíño, unha preguntiña vos quero facer. Que consello lle darías á xente nova?"

"Pois ahí vai o meu consello..." 

¡Loitador, non te deteñas!
Ten cada hora novo alento,
sigue a luz que te ilumiña,
mira a cotío pr’ó ceo.
  Ôn lado e outro do camiño
toparás pinchos e rebos,
e da estulticia e a enveja
ladraránche os cans famentos.
  Loitador, non te deteñas!
¡Levas a verdá no peito,
e a estrela que te guía
ten resplandores eternos!

Blanco Torres, Roberto, ORBALLO DA MEDIA NOITE, 1929.

 

Escoitemos o que os nosos maiores nos queren dicir, eles teñen a sabiduría do tempo e da experiencia.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar