You are hereBlogues / blogue deraquel

blogue deraquel


Día da árbore sticky icon

Un ano máis, para conmemorar o día da árbore, contamos coa colaboración do concello e dun estupendo equipo que nos explicou o funcionamento do camión de bombeiros, axudounos a plantar diversas árbores e mesmo nos diu unha charla sobre conservación e medio ambiente!

Visita da autora María Canosa sticky icon

Hoxe tivemos a gran sorte de recibir no noso colexio a visita de María Canosa, que nos falou un poco da súa vida e das súas obras, e permitiunos facerlle un montón de preguntas sobre os libros que nos trouxeron os Reis Magos. Gracias María , esperamos verte prontiño de novo!

Saída 3º e 4º- Nautilios sticky icon

O noso alumnado de 3º e 4º acudiu hoxe ao auditorio de Ourense para ver a obra de teatro "Nautilios", unha versión da clásica novela de aventuras de Julio Verme. 

Obra de teatro representada polo nen@s de 6º curso sticky icon

Os nen@s de 6º curso representaron para o resto do colexio a obra de teatro ¡OH, LA GUERRA...QUÉ DISPARATE!

Fixérono moi ben , e nós pasamos un ratiño moi divertido vendo a obra, gracias!

Visita de Paco Nogueiras sticky icon

Hoxe veunos a visitar  Paco Nogueiras! Os nosos nenos de infantil pasaron un gran momento cantando e rindo ao seu carón! Esperamos terte pronto de volta!

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar