You are hereEquipo directivo
Equipo directivo
Integrantes
ÓRGANOS UNIPERSOAIS DIRECTOR: JOSÉ BENITO PÉREZ VÁZQUEZ
XEFE DE ESTUDOS: GABRIEL QUINTELA VÁZQUEZ
SECRETARIO: ANTONIO CALOTO BALBOA
|
Prorroga da suspensión da actividade lectiva polas obras
Bos días,
En previsión de que as obras no piso de abaixo non van estar rematadas para o vindeiro luns, vémos na obriga de prorrogar a suspensión das clases nos cursos de infantil outros tres días de momento. Do seguinte xeito:
Luns 14 non terá clase 5º de infantil.
Martes 15 non terá clase 6º de infantil.
Mércores 16 non terá clase 4º de infantil.
Disculpade as molestias e grazas polo voso esforzo.
A dirección
SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA EN INFANTIL POLAS OBRAS
Comunicamos que por mor das obras na planta baixa do edificio onde se ubican as aulas de ed. infantil, a vindeira semana, imos a ter que reubicar ó alumnado de infantil en aulas do 2º andar e suspender a actividade lectiva nun curso de infantil cada día posto que só dispomos de dúas aulas utilizables para os tres grupos e como sabedes non podemos misturalos. Deste xeito, e co consentimento da xefatura territorial a suspensión das clases quedará da seguinte forma:
9/12/2020: Non terá clase o alumnado de 4º de ed. infantil
10/12/2020: Non terá clase o alumnado de 5º de ed. infantil
11/12/2020: Non terá clase o alumnado de 6º de ed. infantil
Un saúdo e disculpade as molestias.
A dirección
Actividades durante o período de suspensión das clases
Comunícase ás familias que, segundo as directrices da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, póñense a disposición do alumnado os diferentes contidos a traballar durante este período. Atoparedes estes contidos no bloque CURSOS (na marxe dereita desta páxina) e ordenado por niveis. Para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, estes contidos os atoparán na plataforma EDIXGAL que empregan habitualmente. Deben dirixirse aos foros de cada materia para recibir as instruccións.
Tamén aparecen no bloque superior da marxe dereita os últimos artigos publicados nesta web para poder ver facilmente as actualizacións das tarefas que se propoñen para os alumnos/as.