You are hereBlogues / blogue deraquel

blogue deraquel


INTERCAMBIO POSTAL 2022 sticky icon

 

INTERCAMBIO POSTAL CO ALUMNADO DO CEIP

DE TIRÁN CO ALUMNADO DE 5º E 6º CURSO DE EP.

Letras Galegas 2022 sticky icon

¡Galicia é infinda!

Nosa Galicia é máis que toda a terra.

Non é xa o cativo currunchiño

que din escolas vellas.

Cómprenos desbotar antigos erros

fillos de mente estreita:

¡Galicia é infinda!

Bela estrada de ensoño,

con macadam de estrelas,

a Vía Latea é camiño

que leva a Compostela,

hoxe e outrora faro,

a cibdade ecuménica

que alumeóu, na Europa,

trebas da Edade Meia.

Polo mundo espallados van os netos dos celtas.

......

                                      Florencio Delgado Gurriarán

 

 

Carlos Casares sticky icon

Coincidindo co 30 aniversario da morte de Carlos Casares, recomendámosche dende a biblioteca algunhas das súas obras.

Boa lectura!

Semana da prensa e do libro 2022 sticky icon

Amemos (Carlos Casares)

Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.

Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.

Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.

Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar