You are hereBlogues / blogue de raquel / Magosto

Magosto


By raquel - Posted on 28 Novembro 2022

 

O  OURIZO

Co seu ouro vello, mol,

o ourizo ouriceiro

toma o sol

no bico dun castiñeiro.

  

Tal un señor moi mandón:

no bico dun castiñeiro

o ourizón

toma o sol moi riseiro.

  

O ourizo está moi ledo

coa súa casa ben pechada

-ouh, que medo!-

de espiñas toda cercada.

  

Quer botar unha risada

e os seus dentes arregaña

case un nada:

e xa fuxiu a castaña...!

Manuel María (Os soños na gaiola)

O venres 11 de novembro, o noso alumnado disfrutou dunha mañá especial con xogos populares seguidos dunha merenda de bolos preñados e castañas.Canso

Os xogos relizados foron O Tornado, Atrapa o Trono, Carreira de relevos de Soles, Tempestade e Marexada. O alumnado de 6º , coa axuda do mestre de educación física, exerceron de encargados. Fixérono estupendamente!

AdxuntoTamaño
Portada.jpg2.39 MB
IMG_20221115_165252.jpg1.09 MB
IMG_20221115_093948.jpg1.57 MB
IMG_20221114_125234.jpg1.73 MB
Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar