Sabías que... as pirañas ladran cando cazan

Os experimentados científicos Sandie Millot, Pierre Vandewalle e Eric Parmentier, da Universidade de Lieja, en Bélxica, investigaban a comunicación acústica da especie Pygocentrus nattereri e os mecanismos que utilizan para xerar son e descubriron que as pirañas fan un ruído similar ao dun ladrido.

Os intrépidos investigadores gravaron os sons que emitían pequenos grupos de pirañas de ventre vermello dentro de peixeiras, co que descubriron que emiten tres sons de combate.

O primeiro acontece cando dous rivais se encontran cara a cara e é similar a un ladrido dunha especie pequena. Cando compiten fan outro que se caracteriza por ser dous sons baixos intermitentes. Estes ruídos prodúcenos cos músculos adheridos ás súas vexigas natatorias.

O último úsano para espantar a outros peixes das súas presas e xérano ao chiar os seus dientes.Según Parmentier, os peixes ben alimentados eran relativamente pacíficos - aínda que se atacaban uns a outros de vez en cando. O equipo descubriu que os peixes eran, polo xeral, silenciosos; non obstante, este silencio rompía en canto entraban nunha confrontación, producindo unha especie de ladrido.

Aínda que ao principio se trataba dun único son, o do ladrido; logo detectouse o segundo un son parecido ao dun tambor, cando loitan polos alimentos e ameazan un opoñente; e un suave "croar".El estudo publicouse no The Journal of Experimental Biology

Sabías que ... as tartarugas se poñen de acordo para saír dos ovos

Os embrións das tartarugas de auga doce sincronizan os latexos do corazón para poder saír da casca de xeito simultáneo, segundo un estudo realizado por científicos australianos.

As tartarugas australianas de auga doce enterran os seus ovos nas ribeiras dos ríos para incubalos entre 50 e 70 días antes de que eclosionen.

As crías ao nacer, abandonadas pola súa nai, deben saír do burato por se soas e percorrer a distancia ata a auga, mentres evitan ser devorada polos depredadores que habitan na zona.

Para facer máis seguro este perigoso percorrido as tartarugas sincronizan a súa eclosión por medio dos latexos do seu corazón para saír do niño de forma colectiva para asegurarse a supervivencia dalgunhas das crías.

Foi boa a inmersión en galego nas aulas de infantil?

Artigo publicado no Correo Gallego

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/foi-boa-inmersion-galego-nas-a...

Os castelanfalantes aprenderon galego sen perder a súa lingua nai e o os galegofalantes tamén aprenderon castelán na interacción cos demais sen perder a súa. Está é quizais a principal conclusión das experiencias das aulas de inmersión en galego -aprobadas polo bipartito e derrogadas co decreto sobre os idiomas do Goberno de Feijóo- recollidas nun libro electrónico presentado hoxe na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O e-book A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitario ofrece por primeira vez datos empíricos sobre as aulas de inmersión de 3 a 5 anos, nas que as familias participaban voluntariamente. A publicación recompila os relatorios presentados nas II Xornadas Educación e Linguas en Galicia, celebradas en decembro de 2010 na propia USC. Os seus coordinadores, Bieito Silva, Isabel Vaquero e Xesús Rodríguez, reivindicaron na súa presentación o traballo dos equipos de normalización lingüística dos centros educativos e criticaron a reforma da que foron obxecto, que, ao seu xuízo, desvirtúa o concepto da normalización.

O 'e-book' está dispoñible no enlace http://dspace.usc.es/handle/10347/3598.

Sabías que ... aprendemos mentres durmimos

Na universidade de Lübeck (Alemaña), confirmaron mediante un estudo que os humanos aprendemos mentres durmimos e almacenamos os coñecementos adquiridos durante o día, co cal logramos recordalos a longo prazo. Para iso, o cerebro utiliza o hipocampo durante o sono a xeito de disco duro.

No estudo participaron 191 persoas ás cales se lles fixo aprender de memoria palabaras e formas de obxectos e cadros. Entón dividiron o grupo en dous e mentres uns dormian 10 h, os outros eran sometidos a un pequeno test.

Ao final todos fixeron o test e quedou escenificado que os que durmiran sacaran en xeral mellor puntuación que os que non durmiran.


Sabía que.. a palabra maratón ven de...

No ano 490ac, durante as Guerras Médicas, un soldado ateniense chamado Filípides foi designado para avisar os Atenienses que, contra todo prognóstico, venceran os persas na batalla de Maratón. Filípides tivo que percorrer a présa 40 Km para chegar a Atenas, momento no cal berrou " Vencemos! " e nese momento pereceu polo esgotamento.

Outras versións desta mesma lenda contan que en realidade Filípides tivo que percorrer o mesmo camiño 3 veces. A primeira para solicitar reforzos, a segunda para volver do campo de batalla e avisar de que as tropas partirían cando estivese listo, e por último para comunicar a vitoria e evitar que os reforzos tivesen que partir de Atenas.

Aínda que non está claro se foi real ou é unha simple lenda a proba olímpica con este mesmo nome está inspirada nestes feitos e foi incluída por primeira vez nas olimpíadas de 1896, en Atenas.


Nadal 2011

Distribuir contido