Premios I Certame Xoguetes de Outono e I Certame da Castaña Xigante e Anana

Deixámosvos o video cos premiados e premiadas no I Certame dos Xoguetes de Outono e do I Certame da Castaña Xigante a Anana.

Grazas a todos e todas por participar e moitas felicidades aos galardonados e galardonadas!!!

 

Magosto 2012

Celebración do Magosto 2012

 

I Certame de Xoguetes de Outono

A continuación deixámosvos un video coas fotos de tódolos xoguetes participantes no I Certame de Xoguetes realizados con materiais de outono. Temos que confesar que estamos moi abraiados coa enorme calidade que amosáchedes na súa realización.

A semana que ven comunicarémosvos quen foron os gañadores/as e colgaremos as súas fotos nesta web. Recordade que temos 3 categorías de premios: ao máis creativo, ao que máis esforzo persoal puxo e o premio que outorga o profesorado do cole..

 

Samaín 2012

Así celebramos o Samaín no noso cole.

 

Algúns erros que cometemos habitualmente no galego - EOI de Pontevedra

Hoxe recibimos por correo electrónico este folleto: Algúns erros que se cometen habitualmente en galego.Envióunolo a Coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. É moi interesante polo ben que están explicados.

Banda Deseñada no 3ºCiclo

Unha das actividades de aula deste primeiro trimestre do curso foi o traballo coa banda deseñada:

 

Un novo curso por diante

Xa estamos aquí de novo, con forzas e ilusión renovadas despois dun verán estupendo. Esta é a primeira foto do curso, fixémola nos cenadores que temos na Área da Natureza, traballar alí sempre é un pracer e agora con sombra... non vos dicimos nada...

Distribuir contido