Os embrións das tartarugas de auga doce sincronizan os latexos do corazón para poder saír da casca de xeito simultáneo, segundo un estudo realizado por científicos australianos.
As tartarugas australianas de auga doce enterran os seus ovos nas ribeiras dos ríos para incubalos entre 50 e 70 días antes de que eclosionen.
As crías ao nacer, abandonadas pola súa nai, deben saír do burato por se soas e percorrer a distancia ata a auga, mentres evitan ser devorada polos depredadores que habitan na zona.
Para facer máis seguro este perigoso percorrido as tartarugas sincronizan a súa eclosión por medio dos latexos do seu corazón para saír do niño de forma colectiva para asegurarse a supervivencia dalgunhas das crías.