Foi boa a inmersión en galego nas aulas de infantil?

Artigo publicado no Correo Gallego

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/foi-boa-inmersion-galego-nas-a...

Os castelanfalantes aprenderon galego sen perder a súa lingua nai e o os galegofalantes tamén aprenderon castelán na interacción cos demais sen perder a súa. Está é quizais a principal conclusión das experiencias das aulas de inmersión en galego -aprobadas polo bipartito e derrogadas co decreto sobre os idiomas do Goberno de Feijóo- recollidas nun libro electrónico presentado hoxe na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O e-book A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitario ofrece por primeira vez datos empíricos sobre as aulas de inmersión de 3 a 5 anos, nas que as familias participaban voluntariamente. A publicación recompila os relatorios presentados nas II Xornadas Educación e Linguas en Galicia, celebradas en decembro de 2010 na propia USC. Os seus coordinadores, Bieito Silva, Isabel Vaquero e Xesús Rodríguez, reivindicaron na súa presentación o traballo dos equipos de normalización lingüística dos centros educativos e criticaron a reforma da que foron obxecto, que, ao seu xuízo, desvirtúa o concepto da normalización.

O 'e-book' está dispoñible no enlace http://dspace.usc.es/handle/10347/3598.