Qué facemos?

A MALETA DOS LIBROS

O MÉRCORES CANDO BAIXAMOS Á BILIOTECA ATOPÁMONOS DE NOVO COA MALETA DOS LIBROS. COMO O CURSO PASADO CADA SEMANA O EQUIPO DE BIBLIOTECA PRESÉNTANOS UN CONTO, UN LIBRO DE POEMAS... UNHA NOVA PROPOSTA DE LECTURA PARA VOAR AO MUNDO DOS CONTOS E DA IMAXINACIÓN NA NOSA HORA DE BIBLIOTECA.

UNHA NOVA EMOCIÓN CADA SEMANA, UN NOVO DESCUBRIMENTO, UN VERDADEIRO PLACER!!!

DE NOVO COS PADRIÑOS

COMO O CURSO PASADO COMPARTIRMOS INTRES DE LECTURA ENTRE OS MÁIS MAIORES, OS NENOS E NENAS DE 6º E NÓS. ELES NON SÓ NOS LEN OS CONTOS QUE NÓS ESCOLLEMOS, SENON QUE CONVERSAN CONNOSCO E NOS ENSINAN COMO COLABORAR NA ORDE DA BIBLIOTECA, AXUDÁNDONOS A COLOCAR CADA LIBRO NO SEU ANDEL ATENDENDO Á CORRESPONDENTE SINATURA.

O PUNTO

Etiquetas :
UNHA DAS LECTURAS RELACIONADAS CO TEMA FOI O PUNTO DE PETER H. REYNOLDS QUE NOS CONTA A HISTORIA DE VASTHI AO ENFRONTARSE CUNHA FOLLA EN BRANCO.

NÓS TAMÉN O FIXEMOS E ESTES SON ALGÚNS DOS RESULTADOS.

VISITA Á EXPOSICIÓN DE ABANCA

Etiquetas :

HOXE ACUDIMOS Á SEDE DE ABANCA EN SANTIAGO PARA VER Á EXPOSICIÓN TRADICIÓN, CAMBIO E INNOVACIÓN. NELA POIDEMOS OBSERVAR ALGUN DOS CADROS DOS PINTORES MÁIS FAMOSOS E COÑECIDOS: PICASSO, DALÍ, MIRÓ E KANDYNSKY ENTRE OUTROS E QUE TRABALLAMOS E TRABALLAREMOS NA CLASE.

DURANTE A EXPOSICIÓN PINTAMOS COMO MIRÓ EN 15 SEGUNDOS.

DESPOIS REALIZAMOS UN OBRADOIRO NO QUE ELABORAMOS UNHA COMPOSICIÓN COMO KANDYNSKY AO RITMO DA MÚSICA, AO IGUAL QUE FACÍA EL.

Fíxose a luz

E fíxose a luz. As profes Eva de 1º A e María de infantil experimentan co alumnado sobe a creación do universo e a aparición da luz. Tentando seguir o método científico, facemos entre todos unha hipótese sobre cómo pensamos que apareceu a luz no noso universo e o que pensamos que vai a acontecer co experimento.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Tras observar o resultado lemos o libro: LA SENSACIONAL HISTORIA DEL MUNDO, por Neal Layton da Editorial Molino, e plasmamos o aprendido cun debuxo.

COMO CALDER

Etiquetas :

OUTRO DOS AUTORES QUE TRABALLAMOS CO PUNTO FOI O GRAN ARTISTA ALEXANDER CALDER, QUE ADEMAIS DE SER COÑECIDO COMO REALIZADOR DE MÓBILES, ESCULTOR, REALIZADOR DE XOIAS, PINTOU DIVERSOS CADROS. UN DELES ONDAS FOI O QUE VERSIONAMOS.

COMO MIRÓ

Etiquetas :

UN DOS PINTORES QUE TRABALLAMOS CO PUNTO FOI JOAN MIRÓ. AO OBSEVAR ALGUNHA DAS SÚAS OBRAS PENSAMOS QUE ESTARÍA MOI BEN PINTAR UN CADRO COMA EL. NOS PRESENTES NA FUNDACIÓN JOAN MIRÓ ESCOLLEMOS MULLER CON SOMBREIRO BONITO E ESTRELA E DECIDIMOS DARLLE COR.

MESTURANDO CORES

COA PROFE ARIANA DENTRO DO PROXECTO DA LUZ REALIZAMOS EXPERIMENTOS PARA APRENDER DIVERSOS ASPECTOS DA TEORÍA DA COR, SEGUINDO O MÉTODO CIENTÍFICO, FACENDO HIPÓTESES E COMPROBÁNDOAS A POSTEROIRI.

O PUNTO E KANDYNSKY

Etiquetas :

DENTRO DO TRABALLO DE PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO TRABALLAMOS A FIGURA DE KANDYNSKY, A SÚA VIDA E OBRA. PARA ELO VERSIONAMOS UN DOS SEUS CADROS MÁIS COÑECIDOS.

OBSERVAMOS E DESCUBRIMOS FONTES DE LUZ

HOXE BAIXAMOS Á BIBLIOTECA COA PROFE ARIANA PARA OBSERVAR E EXPERIMENTAR CON DISTINTAS FONTES DE LUZ.

ESTA ACTIVIDADE PERMITIUNOS CLASIFICALAS DESPOIS EN NATURAIS E ARTIFICAIS, CREADAS POLO HOME.

FOI UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA, PASÁMOLO MOI BEN XOGANDO COA LUZ.

Distribuir contido
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design