Arte

O ARTE E A ESFERA

HOXE FIXEMOS UNHA ESCULTURA BASEADA NUNHA DE OTEIZA, ESFERA DESFRAGMENTADA. PARA ELO EMPREGAMOS:

  • GLOBO
  • PAPEL MACHÉ
  • TUBO DE PAPEL HIXIÉNICO.

INFLAMOS OS GLOBOS E ESTIRAMOS UN RECTÁNGULO DE PAPEL MACHÉ QUE DESPOIS RECORTAMOS EN TRES TIRAS QUE COLOCAMOS FORMANDO UNHA ESFERA SOBRE O GLOBO.

ARTE E CÍRCULO

CHEGOU O INTRE DE VOLVER A BUSCAR NOVOS ARTISTAS QUE TEÑAN NOS SEUS CADROS CÍRCULOS, ENCÁNTANOS PINTAR!!

ASÍ QUE NESTA OCASIÓN REALIZAMOS UN CADRO DE HERBERT BAYER: "COMPLEMENTARIO CON OURO", 1970, QUE SE ATOPA NO MUSEO TATE.

ESTES SON OS RESULTADOS, ESPERO QUE VOS GUSTEN.

 

COAS LIÑAS COMA MONDRIAN

Etiquetas :

SEGUIMOS CO TRABALLO DA LIÑA E DESPOIS DE OBSERVAR DIVERSOS CADROS DE PIET MONDRIAN, FACEMOS A NOSA PROPIA VERSIÓN DUN DELES A TRAVÉS DUNHA COLAXE.

SUPERPOÑEMOS LIÑAS RECTAS DE DISTINTAS CORES E GROSOR E CON ELAS CREAMOS FIGURAS XEOMÉTRICAS: CADRADOS E RECTÁNGULOS.

COMPARTIMOS O NOSO TRABALLO

ONTE ACABAMOS O TRABALLO COA MESA DE LUZ, HOXE SÓ EXPERIMENTOU CON ELA HUGO C. QUE NON PUIDO ASISTIR Á ESCOLA O DÍA QUE O SEU EQUIPO O FACÍA.

ASÍ QUE HOXE EXPLICAMOS AOS DEMAIS QUE TRABALLO REALIZAMOS E COMO O FIXEMOS.

4º DÍA DE TRABALLO COA MESA DE LUZ

O ÚLTIMO EQUIPO, O 26 DE MARZO, XOGA COA MESA DE LUZ QUE TROUXO A PROFE PAMELA. O NOVO GRUPO EXPERIMENTOU CON DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS PARA TENTAR AVERIGUAR CALES ERAN OPACOS E CALES TRASLÚCIDOS.

FIXEMOS UN CADRO DA PRIMAVERA.

3º EQUIPO COA MESA DE LUZ

COMA ONTE HOXE, 25 DE MARZO, XOGAMOS COA MESA DE LUZ QUE TROUXO A PROFE PAMELA. UN NOVO GRUPO EXPERIMENTOU CON DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS PARA TENTAR AVERIGUAR CALES ERAN OPACOS E CALES TRASLÚCIDOS.

FIXEMOS UN CADRO DO ZOO.

2º DÍA COA MESA DE LUZ

HOXE, 24 DE MARZO, XOGAMOS DE NOVO COA MESA DE LUZ QUE TROUXO A PROFE PAMELA. UN NOVO GRUPO EXPERIMENTOU CON DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS PARA TENTAR AVERIGUAR CALES ERAN OPACOS E CALES TRASLÚCIDOS.

FIXEMOS UN CADRO DA PRAIA E O MAR.

XOGAMOS COA MESA DE LUZ

HOXE, 23 DE MARZO, XOGAMOS POR PRIMEIRA VEZ COA MESA DE LUZ QUE TROUXO A PROFE PAMELA. EXPERIMENTAMOS CON DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS PARA TENTAR AVERIGUAR CALES ERAN OPACOS E CALES TRASLÚCIDOS.

FIXEMOS UN CADRO DO UNIVERSO CON PLANETAS, SOLES, ESTRELLAS E ATA UN ARCO DA VELLA.

O PUNTO

Etiquetas :
UNHA DAS LECTURAS RELACIONADAS CO TEMA FOI O PUNTO DE PETER H. REYNOLDS QUE NOS CONTA A HISTORIA DE VASTHI AO ENFRONTARSE CUNHA FOLLA EN BRANCO.

NÓS TAMÉN O FIXEMOS E ESTES SON ALGÚNS DOS RESULTADOS.

VISITA Á EXPOSICIÓN DE ABANCA

Etiquetas :

HOXE ACUDIMOS Á SEDE DE ABANCA EN SANTIAGO PARA VER Á EXPOSICIÓN TRADICIÓN, CAMBIO E INNOVACIÓN. NELA POIDEMOS OBSERVAR ALGUN DOS CADROS DOS PINTORES MÁIS FAMOSOS E COÑECIDOS: PICASSO, DALÍ, MIRÓ E KANDYNSKY ENTRE OUTROS E QUE TRABALLAMOS E TRABALLAREMOS NA CLASE.

DURANTE A EXPOSICIÓN PINTAMOS COMO MIRÓ EN 15 SEGUNDOS.

DESPOIS REALIZAMOS UN OBRADOIRO NO QUE ELABORAMOS UNHA COMPOSICIÓN COMO KANDYNSKY AO RITMO DA MÚSICA, AO IGUAL QUE FACÍA EL.

Distribuir contido
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design