Marzo 2015

BRILLARÁ A LÚA NA ECLIPSE

A DEMOSTRACIÓN DE PAMELA LEVOUNOS A FACERNOS UNHA PREGUNTA MOI IMPORTANTE: BRILLARÁ A LÚA MAÑÁ DURANTE A ECLIPSE?

MOITOS DE NÓS PENSAMOS QUE SÍ, FAINO TODAS AS NOITES.

OUTROS PENSAMOS QUE NON. AÍNDA QUE NON SABIAMOS EXPLICAR A RAZÓN.

ISTO LEVOUNOS A ESCRIBIR NA PIZARRA DIXITAL UNHA NOTA PARA AS NOSAS FANILIAS PEDÍNDOLLES AXUDA PARA RESOLVER AS NOSAS DÚBIDAS, E DESCUBRIR QUE OBXECTOS BRILLAN OU NON NO UNIVERSO.

 

COMPARTIMOS O NOSO TRABALLO

ONTE ACABAMOS O TRABALLO COA MESA DE LUZ, HOXE SÓ EXPERIMENTOU CON ELA HUGO C. QUE NON PUIDO ASISTIR Á ESCOLA O DÍA QUE O SEU EQUIPO O FACÍA.

ASÍ QUE HOXE EXPLICAMOS AOS DEMAIS QUE TRABALLO REALIZAMOS E COMO O FIXEMOS.

4º DÍA DE TRABALLO COA MESA DE LUZ

O ÚLTIMO EQUIPO, O 26 DE MARZO, XOGA COA MESA DE LUZ QUE TROUXO A PROFE PAMELA. O NOVO GRUPO EXPERIMENTOU CON DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS PARA TENTAR AVERIGUAR CALES ERAN OPACOS E CALES TRASLÚCIDOS.

FIXEMOS UN CADRO DA PRIMAVERA.

3º EQUIPO COA MESA DE LUZ

COMA ONTE HOXE, 25 DE MARZO, XOGAMOS COA MESA DE LUZ QUE TROUXO A PROFE PAMELA. UN NOVO GRUPO EXPERIMENTOU CON DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS PARA TENTAR AVERIGUAR CALES ERAN OPACOS E CALES TRASLÚCIDOS.

FIXEMOS UN CADRO DO ZOO.

2º DÍA COA MESA DE LUZ

HOXE, 24 DE MARZO, XOGAMOS DE NOVO COA MESA DE LUZ QUE TROUXO A PROFE PAMELA. UN NOVO GRUPO EXPERIMENTOU CON DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS PARA TENTAR AVERIGUAR CALES ERAN OPACOS E CALES TRASLÚCIDOS.

FIXEMOS UN CADRO DA PRAIA E O MAR.

XOGAMOS COA MESA DE LUZ

HOXE, 23 DE MARZO, XOGAMOS POR PRIMEIRA VEZ COA MESA DE LUZ QUE TROUXO A PROFE PAMELA. EXPERIMENTAMOS CON DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS PARA TENTAR AVERIGUAR CALES ERAN OPACOS E CALES TRASLÚCIDOS.

FIXEMOS UN CADRO DO UNIVERSO CON PLANETAS, SOLES, ESTRELLAS E ATA UN ARCO DA VELLA.

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

PARA CELEBRAR O DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA, O EQUIPO DA BIBLIOTECA PEDIUNOS FACER UNHA ÁRBORE NA QUE PLASMAR DIVERSOS POEMAS RELACIONADOS CO TEMA A TRABALLAR NA ESCOLA, A LUZ. O QUE NOS ESCOLLIMOS TITÚLASE RAIOLA DO LIBRO FARRAPOS DE NUBE DE XOAN NEIRA E OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA AXÚDANNOS A REALIZARLO.

QUEREMOS MOSTRARVOS O RESULTADO.

 

COMO SERÁ A ECLIPSE DE MAÑÁ

Etiquetas :

MAÑÁ DÍA 20 DE MARZO TERÁ LUGAR UNHA ECLIPSE DE SOL, COMO QUERIAMOS SABER COMO ÍA SER A PROFE PAMELA EXPLICOUNOLO.

TODOS E TODAS EXPERIMENTAMOS QUE ÍA ACONTECER AO XOGAR COA LUZ DA LANTERNA.

DESPOIS FOI UN POUCO MÁIS COMPLEXO, TROUXO UNHA MAQUETA QUE SIMULABA O PROCESO E ERAMOS NÓS QUEN MOIVIAMOS A LÚA.

QUE É?

HOXE CON PAMELA, A PROFE QUE TEMOS EN PRÁCTICAS, FIXEMOS UN PEQUENO XOGO "QUE É?". NUNHA CAIXA DE ESPELLO TROUXONOS AGOCHADOS DOUS OBXECTOS E NÓS SEN VELOS E SÓ COAS NOSAS MANS TENTAMOS AVERIGUAR QUE ERAN.

AÍNDA QUE A ALGÚNS DE NÓS COSTOUNOS UN POUCO, OUTROS DESCUBRIMOS Á PRIMEIRA QUE ERA UNHA VELA E UNHA BOMBILLA.

PASÁMOLO XENIAL!!!

PARABÉNS ANTÍA C. NO TEU ANIVERSARIO!!!

HOXE 6 DE MARZO CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE ANTÍA CASTRO, XA TEN 5 ANOS, E FIXÉMOSLLE UN LIBRO DE AGASALLO QUE LLE DEMOS DESPOIS DE SOPRAR TODOS XUNTOS AS VELAS NA ESCOLA.

PODEDES VER MÁIS FOTOS DO CUMPREANOS NA GALERÍA SE PREMEDES NA FOTO.

FELICIDADES ANTÍA C.!!!

- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design