Outubro 2015

DECORAMOS A NOSA PORTA

UNHA DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS POLO EQUIPO DA BIBLIOTECA A REALIZAR DENTRO DOS PROXECTO DE "CONTANDO CIENCIA" É A DECORACIÓN DA PORTA DA AULA CO LIBRO QUE TRABALLAMOS.

NÓS FIXEMOS E COLOREAMOS A TITO E AS FIGURAS COAS QUE PROBOU O SEU NOVO NARIZ, COMO ESTAMOS PRETO DO SAMAÍN FIXEMOS ALGUNHA DE MEDO.

CANDO O REMATAMOS PUXÉMOLO NA NOSA PORTA, AGORA TODOS SABEN O QUE ESTAMOS A TRABALLAR.

COLOREAMOS FIGURAS

ACABAMOS AS NOSAS FIGURAS, HOXE PINTÁMOLAS CADA UNHA DUNHA COR.

DESPOIS DO BEN QUE O PASAMOS COLOREANDO QUEREMOS ENSINARVOS ALGÚNS DOS RESULTADOS.

FACEMOS FIGURAS CON TITO

HOXE PASAMOS DO PLANO AO VOLUME, FIXEMOS CON PASTA BRANCA FIGURAS XEOMÉTRICAS A PARTIRES DO CÍRCULO: CIRCUNFERENCIA, ESFERA, CILINDRO.

DESTA MANEIRA NON SÓ OBSERVAMOS AS DIFERENZAS ENTRE AS FIGURAS NO PLANO, PAPEL, E NA REALIDADE, SENON QUE APRENDEMOS CAL ERA O NOME DE CADA UNHA.

FORMAS XEOMÉTRICAS CON TITO: O CÍRCULO.

ESTE CURSO IMOS TRABALLAR AS FORMAS XEOMÉTRICAS CO LIBRO: TITO FAI DE MALABARISTA DE GUIDO VAN GENECHTEN DA EDITORIAL TAMBRE. ADEMÁIS DE LER O LIBRO ESCRIBIMOS UNHA NOTA AS NOSAS FAMILIAS PARA PEDIRLLES NARICES CIRCULARES PARA TITO.

PEGAMOS NUNHA CARTOLINA TODAS AS QUE TROUXEMOS

- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design