Lectura

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO.

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO COS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA, PARA ELO XUNTÁMONOS O MÉRCORES PARA LER XUNTOS E FACERNOS FOTOS, O XOVES ENTREGÁMOLLE A CADA UN DELES UN MARCAPÁXINAS QUE FIXEMOS CON ELAS PARA AGRADECERLLE O TEMPO QUE NOS ADICAN.

POR UN LADO OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS E POLO OUTRO NÓS.

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

PARA CELEBRAR O DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA, O EQUIPO DA BIBLIOTECA PEDIUNOS FACER UNHA ÁRBORE NA QUE PLASMAR DIVERSOS POEMAS RELACIONADOS CO TEMA A TRABALLAR NA ESCOLA, A LUZ. O QUE NOS ESCOLLIMOS TITÚLASE RAIOLA DO LIBRO FARRAPOS DE NUBE DE XOAN NEIRA E OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA AXÚDANNOS A REALIZARLO.

QUEREMOS MOSTRARVOS O RESULTADO.

 

POEMA DE INVERNO

TODOS OS LUNS LEMOS POESÍA, E ADEMÁIS PROCURAMOS APRENDERNOS ALOMENOS UNHA POR TRIMESTRE, HOXE FINALIZAMOS O TRABALLO CUNHA POESÍA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO SOBRE O INVERNO E ILUSTRÁMOLA.

A MALETA DOS LIBROS

O MÉRCORES CANDO BAIXAMOS Á BILIOTECA ATOPÁMONOS DE NOVO COA MALETA DOS LIBROS. COMO O CURSO PASADO CADA SEMANA O EQUIPO DE BIBLIOTECA PRESÉNTANOS UN CONTO, UN LIBRO DE POEMAS... UNHA NOVA PROPOSTA DE LECTURA PARA VOAR AO MUNDO DOS CONTOS E DA IMAXINACIÓN NA NOSA HORA DE BIBLIOTECA.

UNHA NOVA EMOCIÓN CADA SEMANA, UN NOVO DESCUBRIMENTO, UN VERDADEIRO PLACER!!!

DE NOVO COS PADRIÑOS

COMO O CURSO PASADO COMPARTIRMOS INTRES DE LECTURA ENTRE OS MÁIS MAIORES, OS NENOS E NENAS DE 6º E NÓS. ELES NON SÓ NOS LEN OS CONTOS QUE NÓS ESCOLLEMOS, SENON QUE CONVERSAN CONNOSCO E NOS ENSINAN COMO COLABORAR NA ORDE DA BIBLIOTECA, AXUDÁNDONOS A COLOCAR CADA LIBRO NO SEU ANDEL ATENDENDO Á CORRESPONDENTE SINATURA.

O PUNTO

Etiquetas :
UNHA DAS LECTURAS RELACIONADAS CO TEMA FOI O PUNTO DE PETER H. REYNOLDS QUE NOS CONTA A HISTORIA DE VASTHI AO ENFRONTARSE CUNHA FOLLA EN BRANCO.

NÓS TAMÉN O FIXEMOS E ESTES SON ALGÚNS DOS RESULTADOS.

Distribuir contido
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design