Tito

O ARTE E A ESFERA

HOXE FIXEMOS UNHA ESCULTURA BASEADA NUNHA DE OTEIZA, ESFERA DESFRAGMENTADA. PARA ELO EMPREGAMOS:

  • GLOBO
  • PAPEL MACHÉ
  • TUBO DE PAPEL HIXIÉNICO.

INFLAMOS OS GLOBOS E ESTIRAMOS UN RECTÁNGULO DE PAPEL MACHÉ QUE DESPOIS RECORTAMOS EN TRES TIRAS QUE COLOCAMOS FORMANDO UNHA ESFERA SOBRE O GLOBO.

AS NOSAS CIDADES 3

UNHA NOVA CIDADE, A DE ISAAC, DIEGO E HELENA.

AS NOSAS CIDADES 2

UNHA NOVA CIDADE, A DE XIÁN, DANIEL, ANTÍA C. E ROSALÍA.

AS NOSAS CIDADES 1

UNHA NOVA CIDADE, A DE HUGO B., HUGO C. E LAURA.

ARTE E CÍRCULO

CHEGOU O INTRE DE VOLVER A BUSCAR NOVOS ARTISTAS QUE TEÑAN NOS SEUS CADROS CÍRCULOS, ENCÁNTANOS PINTAR!!

ASÍ QUE NESTA OCASIÓN REALIZAMOS UN CADRO DE HERBERT BAYER: "COMPLEMENTARIO CON OURO", 1970, QUE SE ATOPA NO MUSEO TATE.

ESTES SON OS RESULTADOS, ESPERO QUE VOS GUSTEN.

 

CREAMOS CIDADES CON OBXECTOS DE BASE CIRCULAR

PARTE DAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS EN RELACIÓN AO PROXECTO TEÑEN LUGAR NO RECUNCHO DAS CONSTRUCCIÓNS, ALI CONSTRUIMOS CIDADES SÓ CON OBXECTOS DE FORMA CIRCULAR.

DECORAMOS A NOSA PORTA

UNHA DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS POLO EQUIPO DA BIBLIOTECA A REALIZAR DENTRO DOS PROXECTO DE "CONTANDO CIENCIA" É A DECORACIÓN DA PORTA DA AULA CO LIBRO QUE TRABALLAMOS.

NÓS FIXEMOS E COLOREAMOS A TITO E AS FIGURAS COAS QUE PROBOU O SEU NOVO NARIZ, COMO ESTAMOS PRETO DO SAMAÍN FIXEMOS ALGUNHA DE MEDO.

CANDO O REMATAMOS PUXÉMOLO NA NOSA PORTA, AGORA TODOS SABEN O QUE ESTAMOS A TRABALLAR.

COLOREAMOS FIGURAS

ACABAMOS AS NOSAS FIGURAS, HOXE PINTÁMOLAS CADA UNHA DUNHA COR.

DESPOIS DO BEN QUE O PASAMOS COLOREANDO QUEREMOS ENSINARVOS ALGÚNS DOS RESULTADOS.

FACEMOS FIGURAS CON TITO

HOXE PASAMOS DO PLANO AO VOLUME, FIXEMOS CON PASTA BRANCA FIGURAS XEOMÉTRICAS A PARTIRES DO CÍRCULO: CIRCUNFERENCIA, ESFERA, CILINDRO.

DESTA MANEIRA NON SÓ OBSERVAMOS AS DIFERENZAS ENTRE AS FIGURAS NO PLANO, PAPEL, E NA REALIDADE, SENON QUE APRENDEMOS CAL ERA O NOME DE CADA UNHA.

Distribuir contido
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design