Qué facemos?

FACEMOS FIGURAS CON TITO

HOXE PASAMOS DO PLANO AO VOLUME, FIXEMOS CON PASTA BRANCA FIGURAS XEOMÉTRICAS A PARTIRES DO CÍRCULO: CIRCUNFERENCIA, ESFERA, CILINDRO.

DESTA MANEIRA NON SÓ OBSERVAMOS AS DIFERENZAS ENTRE AS FIGURAS NO PLANO, PAPEL, E NA REALIDADE, SENON QUE APRENDEMOS CAL ERA O NOME DE CADA UNHA.

FORMAS XEOMÉTRICAS CON TITO: O CÍRCULO.

ESTE CURSO IMOS TRABALLAR AS FORMAS XEOMÉTRICAS CO LIBRO: TITO FAI DE MALABARISTA DE GUIDO VAN GENECHTEN DA EDITORIAL TAMBRE. ADEMÁIS DE LER O LIBRO ESCRIBIMOS UNHA NOTA AS NOSAS FAMILIAS PARA PEDIRLLES NARICES CIRCULARES PARA TITO.

PEGAMOS NUNHA CARTOLINA TODAS AS QUE TROUXEMOS

CONSTRUIMOS CIDADES

HOXE, 29 DE SETEMBRO, NO RECUNCHO DAS CONSTRUCCIÓNS CREAMOS UNHA CIDADE COAS PEZAS.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE

XOGOS REGRADOS

ESTE ANOS TODOS OS LUNS FAREMOS UNHA SESIÓN DE XOGO REGRADO. COMO OS MAIORES IMOS XOGAR AO BINDO, AO DOMINÓ, AS CARTAS...

CON ELO QUEREMOS NON SÓ PASALO BEN, SENON TAMÉN APRENDER UN MONTÓN DE COUSAS.

HOXE EMPEZAMOS CON BINGO, ESTÁ VEZ DE NÚMEROS, PERO TAMÉN O FAREMOS DE LETRAS.

 

EMPEZAMOS O COLE!!!

Etiquetas :

ESTE ANO NO COMEZO DO CURSO QUEREMOS EMPEZAR POÑENDO BONITA A NOSA CLASE E PARA ELO SEMENTAMOS: BEGONIAS, IRIS BELGAS, XERANIOS, ROMERO, XERBERAS E PONSETIAS.

PERO PRIMEIRO OBSERVÁMOLAS, TOCÁMOLAS CON COIDADO E ULÍMOLAS PARA COÑECELAS BEN.

A NOS GÚSTANOS COMO QUEDOU, QUE VOS PARECE?

XEADOS PARA FIN DE CURSO

Etiquetas :

EMPEZAMOS O CURSO PASADO E ESTE ANO INSTAURAMOS A TRADICIÓN, NA ÚLTIMA SEMANA DE CURSO O ALUMNADO DE INFANTIL ACUDIMOS Á CARBALLEIRA DE SANTA MINIA A GOZAR DO CONTORNO, XOGAR NEL E MERENDAR. COMO É UN DÍA ESPECIAL ESTE 18 DE XUÑO, COMIMOS TODOS XEADOS.

UN DÍA FANTÁSTICO PARA IR REMATANDO ESTE CURSO!!!

MÑÁ ACTUACIÓN DO GRUPO A GRAMOLA GOMINOLA E DESPOIS A PASALO BEN NAS VACACIÓNS!!!

EXCURSIÓN Á ILLA DE CORTEGADA

Etiquetas :

ONTE, 28 DE MAIO, TODO INFANTIL ACUDIMOS Á ILLA DE CORTEGADA DE EXCURSIÓN. ALÍ OS MONITORES E MONITORAS FALÁRONNOS DA HISTORIA DA ILLA, DAS PLANTAS, ÁRBORES E ANIMAIS QUE ALÍ VIVÍAN FACENDO UN PEQUENO ROTEIRO.

 

ACABOU ESTE DÍA XOGANDO NA PRAIA E MOLLANDO UN CHISQUIÑO OS NOSOS PES.

AINDA QUE ACABAMOS MOI CANSOS, PASÁMOLO XENIAL!!!!

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO.

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO COS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA, PARA ELO XUNTÁMONOS O MÉRCORES PARA LER XUNTOS E FACERNOS FOTOS, O XOVES ENTREGÁMOLLE A CADA UN DELES UN MARCAPÁXINAS QUE FIXEMOS CON ELAS PARA AGRADECERLLE O TEMPO QUE NOS ADICAN.

POR UN LADO OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS E POLO OUTRO NÓS.

COAS LIÑAS COMA MONDRIAN

Etiquetas :

SEGUIMOS CO TRABALLO DA LIÑA E DESPOIS DE OBSERVAR DIVERSOS CADROS DE PIET MONDRIAN, FACEMOS A NOSA PROPIA VERSIÓN DUN DELES A TRAVÉS DUNHA COLAXE.

SUPERPOÑEMOS LIÑAS RECTAS DE DISTINTAS CORES E GROSOR E CON ELAS CREAMOS FIGURAS XEOMÉTRICAS: CADRADOS E RECTÁNGULOS.

BRILLARÁ A LÚA NA ECLIPSE

A DEMOSTRACIÓN DE PAMELA LEVOUNOS A FACERNOS UNHA PREGUNTA MOI IMPORTANTE: BRILLARÁ A LÚA MAÑÁ DURANTE A ECLIPSE?

MOITOS DE NÓS PENSAMOS QUE SÍ, FAINO TODAS AS NOITES.

OUTROS PENSAMOS QUE NON. AÍNDA QUE NON SABIAMOS EXPLICAR A RAZÓN.

ISTO LEVOUNOS A ESCRIBIR NA PIZARRA DIXITAL UNHA NOTA PARA AS NOSAS FANILIAS PEDÍNDOLLES AXUDA PARA RESOLVER AS NOSAS DÚBIDAS, E DESCUBRIR QUE OBXECTOS BRILLAN OU NON NO UNIVERSO.

 

Distribuir contido
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design