Qué facemos?

COMPARTIMOS O NOSO TRABALLO

ONTE ACABAMOS O TRABALLO COA MESA DE LUZ, HOXE SÓ EXPERIMENTOU CON ELA HUGO C. QUE NON PUIDO ASISTIR Á ESCOLA O DÍA QUE O SEU EQUIPO O FACÍA.

ASÍ QUE HOXE EXPLICAMOS AOS DEMAIS QUE TRABALLO REALIZAMOS E COMO O FIXEMOS.

4º DÍA DE TRABALLO COA MESA DE LUZ

O ÚLTIMO EQUIPO, O 26 DE MARZO, XOGA COA MESA DE LUZ QUE TROUXO A PROFE PAMELA. O NOVO GRUPO EXPERIMENTOU CON DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS PARA TENTAR AVERIGUAR CALES ERAN OPACOS E CALES TRASLÚCIDOS.

FIXEMOS UN CADRO DA PRIMAVERA.

3º EQUIPO COA MESA DE LUZ

COMA ONTE HOXE, 25 DE MARZO, XOGAMOS COA MESA DE LUZ QUE TROUXO A PROFE PAMELA. UN NOVO GRUPO EXPERIMENTOU CON DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS PARA TENTAR AVERIGUAR CALES ERAN OPACOS E CALES TRASLÚCIDOS.

FIXEMOS UN CADRO DO ZOO.

2º DÍA COA MESA DE LUZ

HOXE, 24 DE MARZO, XOGAMOS DE NOVO COA MESA DE LUZ QUE TROUXO A PROFE PAMELA. UN NOVO GRUPO EXPERIMENTOU CON DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS PARA TENTAR AVERIGUAR CALES ERAN OPACOS E CALES TRASLÚCIDOS.

FIXEMOS UN CADRO DA PRAIA E O MAR.

XOGAMOS COA MESA DE LUZ

HOXE, 23 DE MARZO, XOGAMOS POR PRIMEIRA VEZ COA MESA DE LUZ QUE TROUXO A PROFE PAMELA. EXPERIMENTAMOS CON DIVERSOS OBXECTOS E MATERIAIS PARA TENTAR AVERIGUAR CALES ERAN OPACOS E CALES TRASLÚCIDOS.

FIXEMOS UN CADRO DO UNIVERSO CON PLANETAS, SOLES, ESTRELLAS E ATA UN ARCO DA VELLA.

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

PARA CELEBRAR O DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA, O EQUIPO DA BIBLIOTECA PEDIUNOS FACER UNHA ÁRBORE NA QUE PLASMAR DIVERSOS POEMAS RELACIONADOS CO TEMA A TRABALLAR NA ESCOLA, A LUZ. O QUE NOS ESCOLLIMOS TITÚLASE RAIOLA DO LIBRO FARRAPOS DE NUBE DE XOAN NEIRA E OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA AXÚDANNOS A REALIZARLO.

QUEREMOS MOSTRARVOS O RESULTADO.

 

COMO SERÁ A ECLIPSE DE MAÑÁ

Etiquetas :

MAÑÁ DÍA 20 DE MARZO TERÁ LUGAR UNHA ECLIPSE DE SOL, COMO QUERIAMOS SABER COMO ÍA SER A PROFE PAMELA EXPLICOUNOLO.

TODOS E TODAS EXPERIMENTAMOS QUE ÍA ACONTECER AO XOGAR COA LUZ DA LANTERNA.

DESPOIS FOI UN POUCO MÁIS COMPLEXO, TROUXO UNHA MAQUETA QUE SIMULABA O PROCESO E ERAMOS NÓS QUEN MOIVIAMOS A LÚA.

QUE É?

HOXE CON PAMELA, A PROFE QUE TEMOS EN PRÁCTICAS, FIXEMOS UN PEQUENO XOGO "QUE É?". NUNHA CAIXA DE ESPELLO TROUXONOS AGOCHADOS DOUS OBXECTOS E NÓS SEN VELOS E SÓ COAS NOSAS MANS TENTAMOS AVERIGUAR QUE ERAN.

AÍNDA QUE A ALGÚNS DE NÓS COSTOUNOS UN POUCO, OUTROS DESCUBRIMOS Á PRIMEIRA QUE ERA UNHA VELA E UNHA BOMBILLA.

PASÁMOLO XENIAL!!!

POEMA DE INVERNO

TODOS OS LUNS LEMOS POESÍA, E ADEMÁIS PROCURAMOS APRENDERNOS ALOMENOS UNHA POR TRIMESTRE, HOXE FINALIZAMOS O TRABALLO CUNHA POESÍA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO SOBRE O INVERNO E ILUSTRÁMOLA.

PROGRAMA FROITA FRESCA

Etiquetas :

O CENTRO PARTICIPA ESTE CURSO COMA O PASADO NO PROGRAMA DE FROITAS FRESCA DA XUNTA, NÓS TAMÉN PARTICIPAMOS E HOXE COMEMOS MANDARINA.

MAZÁ, PLÁTANO, PERA E FRESA SERÁN AS SEGUINTES...

Distribuir contido
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design