Listaxe Definitiva de Libros de Préstamo

Con data 18 de xullo publicamos a Listaxe DEFINITIVA dos beneficiarios de libros de préstamo e de vales para material e libros no curso 2024-25

A entrega de vales está dispoñible nas oficinas de Rampa de Sas ata o día 24 de xullo en horario de 10h a 13h. Se non podedes recollelos agora, os vales NON caducan, podedes recollelos a partir do 2 de setembro

Os libros de préstamo serán entregados en setembro (non antes do día 3) polos titores. Confirmaremos data e hora nesta web e por AbalarMóbil

Podedes consultar as listas de libros concedidos no taboleiro interior do edificio de Rampa de Sas ou chamando ao 988 78 30 60 en horario de 10h a 13h (ata o 24 de xullo). Tamén podes consultar as listas na aplicación FondoLibros se contas con Chave365 ou Certificado Dixital. 

Horario de Verán

O horario de verán na oficina administrativa de Rampa de Sas

(do 1 ao 24 de xullo)

será de 10 horas a 13 horas

Importante: Prazo de matrícula aberto ata o 1 de xullo

Lembramos que está aberto o prazo de matrícula para aquel alumnado admitido no proceso levado a cabo no mes de marzo.

O prazo vai do 20 de xuño ao 1 de xullo inclusive. 

Se non se formaliza a matrícula pérdese o dereito á praza (artigo 41 da Orde de Admisión) e Escolarización podería dispor desa praza para outro alumno/a.

P.D. O alumnado que xa estivo matriculado durante o curso 2023-24 non ten que renovar a matrícula. Continúa automáticamente no noso colexio sempre que non teña solicitado e teña sido admitido noutro centro. 

O noso alumnado consigue o 1º premio do concurso autonómico Consumópolis

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou e felicitou hoxe ao alumnado do CEIP O Couto de Ourense premiado en Consumópolis, o certame autonómico co que o Goberno galego está a potenciar a educación para o consumo responsable nos centros de ensino. Coa iniciativa, o que se busca é motivar o traballo activo e colaborativo de alumnado de 5º e 6º de primaria, da ESO e FP básica.

Nesta 19ª edición, organizada baixo o lema Súmate á enerxía responsable, establecéronse tres categorías por idades.

Libros de Texto 2024-2025 - CEIP O Couto

Publicamos a lista de libros de texto para o curso 2024-25

Atención: Observade ben o nivel e o grupo (A ou B) do voso/a fillo/a.

  • Os vales de axuda entréganse do 15 ao 24 de xullo
  • Tamén a partir do 2 de setembro.
  • Os libros de préstamo entréganse en setembro

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS

De acordo coa Orde de Calendario Escolar (3 de maio de 2023, publicada no DOGA o 16 de maio de 2023 e que se pode consultar na web do colexio), a avaliación final non pode ter lugar ata despois do 21 de xuño (artigo 12, punto c), e polo tanto o alumnado NON terá unhas cualificacións oficiais (nen en papel nen na aplicación AbalarMóbil) ata que se celebre a avaliación.

A publicación de notas no noso centro será o martes 25 de xuño ás 10h da mañá na aplicación móbil de Abalar.

Tal como indica a ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato

o período de reclamación das cualificacións finais abrangue dous días hábiles (neste caso, 26 e 27 de xuño).

P.D. Se algún centro educativo entrega as cualificacións o día 21 estará incumprindo a normativa. O noso centro acóllese á normativa mencionada nesta información.

Participación do noso alumnado de 3º EP no campeonato Supertmatik

Parte do alumnado de 3º EP participou no campeonato Supertmatik nas modalidades de Matemáticas e Vocabulario en Inglés. Entre os 6.850 participantes, os/as nosos/as alumnos/as acadaron os postos 1º, 3º, 6º e 10º na modalidade de Inglés. 

Fondo Solidario de Libros e Axuda para Material curso 2024-25

Ábrese o prazo desde o 21 de maio ao 21 de xuño para solicitar a participación no Fondo Solidario de Libros e nas Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

As axudas para material escolar son para os cursos 1º a 6º de Primaria.

As axudas para compra de libros son para os cursos de 1º e 2º de Primaria.

A solicitude de préstamo de libros é para os cursos 3º, 4º, 5º e 6º. 

Consulta completa no DOG de 20 de maio de 2024

Pódese participar desde www.edu.xunta.gal/fondolibros, na sede electrónica ou ben cubrindo e entregando a solicitude nas oficinas administrativas en Rampa de Sas (horario de 9 h. a 14 h.) 

O alumnado de Sexto de Primaria ten que presentar a solicitude no centro educativo de Secundaria onde ten a reserva de praza para o curso 2024-25.

Cadro resumo de axudas (fai "click" para agrandar):

Listaxe definitiva de admitidos para o curso 2024-25

Anunciamos a publicación das listaxes DEFINITIVAS de admitidos no noso centro para o Curso 2024/2025.

Non hai modificacións respecto ás listaxes provisionais. 

Lembramos que TODOS os admitidos teñen obrigatoriamente que FORMALIZAR a MATRÍCULA entre o 20 de xuño e o 1 de xullo

O alumnado que xa estivo matriculado no curso 2023-24 NON ten que realizar matrícula. Permanece automáticamente no centro. 

Día non lectivo - 20 de maio

O vindeiro luns 20 de maio NON é lectivo no noso centro. Foi un acordo tomado en Claustro e Consello Escolar, seguindo indicacións da Orde de Calendario Escolar e coa aprobación de Inspección Educativa.

O IES O Couto tamén solicitou, en coordinación co noso centro, ese día, pero non lle foi concedido por motivos de organización escolar. O día non lectivo nese centro será o 16 de maio. 

Lembramos que este venres 17 de maio é o Día das Letras Galegas, festivo en toda Galicia. 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031