Skip to Content

Recollida de xoguetes

O noso centro participa na campaña de recollida de xoguetes e material escolar que organiza o Concello de Cervo. Se queredes colaborar podedes traer os xoguetes ou material escolar, que estén en bo estado. ao cole en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O prazo remata o xoves, 12 de decembro, ás 12:00 horas.

Proxecto "Cada pinga conta"

O proxecto “Cada Pinga Conta”, no que participamos, foi aprobado polo Ministerio de Educación coa segunda mellor valoración a nivel nacional, dentro do programa "Agrupacións Escolares". Esta iniciativa conta coa colaboración doutros centros educativos de distintas comunidades: o CRA Lena (Asturias), o CEIP Tagoror (Gran Canaria), o CEIP Pintor Sorolla (Elda) e o CEP Antonio de Ulloa (Cartaxena).  

Baixo ese título, o proxecto busca concienciar sobre a importancia do uso responsable da auga, un dos grandes desafíos do século XXI. A súa relevancia vai máis aló da temática, xa que tamén se integra como parte do Proxecto Documental Integrado (PDI) do centro durante este curso. Ademais o título do proxecto encerra unha metáfora, xa que “Cada pinga conta” fai referencia directa á inclusión de todos os membros das comunidades educativas que forman a agrupación, cun enfoque especial cara ao alumnado máis vulnerable. 

O proxecto persegue obxectivos ambiciosos como o fortalecemento de competencias do alumnado, especialmente en áreas clave como a competencia lingüística, a competencia dixital e a competencia social e cidadá.  

Desde unha perspectiva integradora, fomentaranse aprendizaxes STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas) con metodoloxías activas que garanten a equidade e a inclusión, en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.   

                              

 

A participación en “Cada Pinga Conta” enriquecerá tanto o proceso de aprendizaxe do alumnado como a formación do profesorado, ampliando a contorna educativa e promovendo unha cooperación territorial que reforza a integración entre as comunidades educativas, que culminará en xuño de 2026 cunha mobilidade conxunta do alumnado de sexto curso aos Pirineos.

Desde o CEIP de Cervo, celebramos a oportunidade de participar nun proxecto tan relevante e con impacto directo no desenvolvemento competencial e social do noso alumnado. ¡Cada pinga conta, e xuntos faremos que este proxecto sexa un éxito!  

** Podedes seguir todas as novidades deste proxecto clicando no logo que aparece na barra lateral dereita desta páxina

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O Magosto

MENÚ COMEDOR ESCOLAR 24-25

Aquí vos deixamos o menú para este curso escolar, pensado para que o alumnado goce de comidas variadas, equilibradas e saudables que lles proporcionen a enerxía necesaria para as súas actividades diarias.

Comezaremos co menú outono-inverno dende o martes 5 de novembro.

INFORMACIÓNS SOBRE AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR E OUTRAS

 

Queremos informar de que, en virtude da Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración das eleccións de membros dos Consellos Escolares dos centros educativos sostidos con fondos públicos, se atopan expostos nos taboleiros os CENSOS ELECTORAIS xunto co calendario do proceso e as novas máis salientables.

 

Tal e como se informou remata o prazo para a reclamación dos mesmos o vindeiro 30 de outubro de 2024. Recordade pasar polo centro a comprobar que todos os datos están correctos.

 

A partir desa data poderedes presentar a VOSA CANDIDATURA para ser elixidos como representantes das familias. Este prazo remata o 11 de novembro de 2024 e podedes recoller o impreso de solicitude na Secretaría ou descargalo, aquí mesmo.

 

Informarvos tamén de que as eleccións de representantes das familias, profesorado e PAS se celebrarán o 18 de novembro de 2024.

 

 

DÍAS NON LECTIVOS

Aproveitamos para informar de que, despois da aprobación por parte da Inspección Educativa, quedan fixados os días non lectivos de elección do centro nos seguintes:

 

- 4 de novembro de 2024

- 2 de maio de 2025

 

O NOSO SAMAÍN

 

 

 

 

No noso colexio queremos achegar a cultura e tradición popular galega á nosa Comunidade Educativa, e moi especialmente ao noso alumnado a través da realización de diversas actividades.

QUE É O SAMAÍN?

Temos que ter en conta que o termo Samaín é un préstamo do gaélico-irlandés para unificar as diferentes denominacións existentes arredor deste festexo tradicional como pode ser Noite dos Calacús, Noite dos Mortos, Noite das Ánimas ou incluso Magosto, o cal se pensa que é o herdeiro directo desta festividade. Así e todo, o nome máis popular e con maior presenza ao longo dos séculos é Defuntos ou Noite das Ánimas.

Aínda que na actualidade moitas tradicións case desapareceron, hai testemuñas orais e documentación escrita que recollen a súa presenza na sociedade galega ata os anos 80 e 90.

Antonio Reigosa, escritor de moitos libros e divulgador da mitoloxía e cultura popular galega considera que o que hoxe chamamos Samaín é, probablemente, anterior á celebración católica dos mortos. Ten orixe precristiá, asentada na cultura celta do arco atlántico. "É o momento do ciclo anual no que decae a produción, recóllense os froitos, vén o frío, chega o inverno, a escuridade... o momento idóneo de irnos preparando para o futuro, para ese día no que seremos ánimas como o son agora os devanceiros" (1)

 

Pouco a pouco o carácter da celebración tornou máis festivo e tamén se xuntou coa celebración de Halloween.

Por estes motivos convidámosvos a vir caracterizados o vindeiro mércores, 30 de outubro de 2024 e a vivir con nós unhas experiencias de aprendizaxe aterradoramente divertidas. Entre elas o alumnado, dependendo do ciclo, poderán gozar de:

- Obradoiro de Escritura Creativa: RELATOS DO SAMAÍN

- Obradoiro "O meu monstro de Samaín"

- Decoración de cabazas e creacións artísticas con materiais de refugallo.

 

Aquí vos deixamos uns recursos para aprender, saber máis e divertirvos!

 Ligazóns:

Contos:

 (1) Fontes de información: galiciaencantada.com, orgullogalego.gal e lingua.gal

Enquisa actividades extraescolares ANPA curso 24-25

As familias interesadas nalgunha das actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para este curso 2024-2025, por favor, cubride a seguinte enquisa:

https://docs.google.com/forms/d/1-JUSqjhFwY-4qXVtOjL8EsmCJ7dRdmiTSrOX0pOx1hY/viewform?edit_requested=true

Menú comedor escolar

O calendario dos menús escolares está actualmente en proceso de revisión polo que este mes de setembro e outubro seguiremos o seguinte calendario. En canto esteña actualizado publicarémolo de novo.

 

 

Coma sempre, recordámosvos que os menús son susceptibles de cambios puntuais por necesidades do servizo.

INFORMACIÓN E-DIXGAL

O pasado luns, 16 de setembro, levouse a cabo unha reunión informativa coas familias do alumnado de 5º de primaria onde se presentou o programa E-Dixgal, co que traballarán tanto este curso como o seguinte. Como algunhas familias non puideron asistir, deixamos aquí a presentación para que coñezades en detalle en que consiste este programa:

Tamén podedes consultar este díptico por se queredes contratar o seguro para o equipo dos/as vosos/as fillos/as:

* Recomendamos visualizalo nun ordenador, e para poder ampliar podedes pinchar nos arquivos adxuntos que aparecen ao final desta publicación (xusto debaixo destas liñas).

MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA 2024-2025

Ola familias!

 

Benvidos a un novo curso. Envíovos o material necesario para a área de Educación Física, así como o decálogo das nosas clases, agradecendo a vosa colaboración de anteman.

*** Pincha na imaxe para ampliar

MATERIAL DE E.F. PARA 1º E 2º 

   

MATERIAL DE E.F. PARA 3º, 4º, 5º E 6º

 DECÁLOGO DE E.F.

REUNIÓNS COAS FAMILIAS

Ola familias!

As reunións de comezo de curso das titoras de cada grupo coas familias terán lugar nas seguintes datas:


Curso

Data

Hora

4º Infantil

Mércores 4 de setembro

10:00

5º Infantil

Martes 10 de setembro

10:00

6º Infantil

Martes 10 de setembro

10:00

1º Primaria

Luns 23 de setembro

18:00

2º Primaria

Luns 16 de setembro

18:00

3º Primaria

Luns 30 de setembro

18:00

4º Primaria

Luns 30 de setembro

18:00

5º Primaria

Luns 16 de setembro

 Luns 23 de setembro

18:00

18:00

6º Primaria

Luns 23 de setembro

18:00

 

Desexámosvos a todas e todos un moi bo curso 2024/2025. COMEZAMOS...

LIbros de texto 2024/25

Colaboradores/as comedor escolar 2024/25

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta* nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o 8 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

* Os pais/nais recibirán unha compensación económica de 12,50€ cada día que colaboren polos gastos de dedicación e desprazamentos. Os importes resultantes aboaranse mediante tres pagamentos que comprenderán os meses de setembro a decembro, xaneiro a marzo e abril a xuño (a eses importes aplicáraselle a retención fiscal que corresponda). Ademais, os días que colaboran poden comer gratuitamente no comedor escolar.

En que consiste a colaboración?

Funcións das persoas colaboradoras:

a) Cumprir co labor de coidado, atención educativa ao alumnado e apoio ás actividades establecidas de acordo co programa anual do servizo de comedor escolar.
b) Coordinar tarefas relativas á educación para a saúde, adquisición de hábitos sociais e unha correcta utilización e conservación da menaxe de comedor.
c) Axudar os alumnos e as alumnas que, por idade ou necesidades asociadas a condicións persoais específicas de discapacidade, necesiten a colaboración e soporte dun adulto nas actividades de alimentación e aseo.
d) Informar o equipo directivo do centro, no modelo de impreso que este lles facilitará, de calquera incidencia relacionada co desenvolvemento do servizo de comedor, para que aquel o poña en coñecemento das familias.
e) Atención ao alumnado nos períodos de antes e despois do xantar (dende as 14:30 ata as 16:00), basicamente no exercicio e desenvolvemento de actividades programadas para eses períodos, atendendo ás orientacións do encargado do servizo de comedor escolar.
f) En razón do carácter educativo do servizo de comedor escolar fomentarase a colaboración do alumnado a partir de 5o de primaria, sen que iso supoña, a ausencia física ou substitución do persoal habitual encargado da atención no devandito servizo.
O persoal  que participe voluntariamente na tarefa de atención ao alumnado no servizo de comedor escolar non poderá abandonala, a non ser por causa xustificada, e sempre con coñecemento e autorización da dirección do centro (artigo 8.2 da Orde do 21 de febreiro de 2007).

Nin quito nin poño 2024

Un ano máis, chega o noso xornal "Nin quito nin poño". Premendo na portada podedes acceder á versión dixital da mesma. Agardamos que vos guste!

Solicitude praza comedor escolar 2024/25

Prazo de presentación de solicitudes para facer uso do servizo de comedor escolar no curso 2024/25: do 18 ao 28 de xuño de 2024.

Documentación a presentar:

*Especificacións para cubrir correctamente a autodeclaración AQUÍ.

Aos efectos de orientar ás familias sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar. O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp


Segundo establece o artigo 11 do Decreto 132/2013, serán usuarios gratuítos os seguinte:

  • Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ao 33%.
  • Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais correspondentes.
  • Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil que se atope en situación de acollemento residencial ou familiar.
  • Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil pertencente a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acreditada documentalmente.

E, segundo a disposición adicional primeira do citado Decreto, o alumnado escolarizado nun centro distinto ao que lle correspondería por domicilio ou lugar de traballo das persoas proxenitoras ten que pagar o máximo (4,50€) o primeiro ano (excepto se xa ten irmáns no centro, que pagará segundo o resultado da autodeclaración).

Exposición NamorArte

O vindeiro Martes 18 de xuño ás 16:00 abrirá as portas a Exposición Namor-Arte, produto final do proxecto anual de BiblioCervo. Ese día faremos unha inauguración especial á cal nos encantaría que nos acompañárades xa que sen vós esto non sería posible.
A exposición será na sala “As Carboeiras” en Sargadelos e poderá visitarse tamén o mércores, xoves e venres de 16:00 a 18:00!
Agardámosvos!

Matrícula alumnado nova incorporación 2024/25

DESTINATARIOS:

O novo alumnado admitido para o curso 2024/25 ten que formalizar a matrícula no prazo que se indica a continuación (o alumnado que xa está cursando estudos no centro NON ten que presentar nada).

PRAZO de presentación:

Do 24 ao 28 de xuño de 2024 (ambos incluídos).

FORMA de presentación:

Presencialmente no centro en horario de 10:00 a 14:00.

DOCUMENTACIÓN a entregar:

  • Formulario de matrícula debidamente cuberto.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • 3 fotos tamaño carné.
  • Fotocopia do boletín de vacinas.

Festival fin de curso

O festival fin de curso 2023/24 terá lugar no salón de actos do Concello de Cervo o venres 21 de xuño a partir das 11:30. Todas as familias estades convidadas!

Esta é a orde de actuación:

  1. Grupo 1 Infantil: O rock da ducha
  2. Grupo 2 Infantil: Perico Pérez
  3. Grupo 3 Infantil: La macarena
  4. Grupo 1 Primaria: Flowers
  5. Grupo 2 Primaria: Thriller
  6. Grupo 3 Primaria: Eso que tú me das
  7. Grupo 4 Primaria: Mix: The lazy song, Happy e What makes you beautiful
  8. Grupo 5 Primaria: Mix: Can`t hold us, Saturday night e I gotta feeling
  9. Actuación final 6º de Primaria

Conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, as persoas asistentes poderán gravar imaxes do evento exclusivamente para o seu uso persoal e doméstico. A difusión das imaxes captadas polas familias e demais asistentes fóra do ámbito privado, familiar ou de amizade, por exemplo, mediante a súa publicación na Internet accesible en aberto, será responsabilidade única daqueles que leven a cabo a devandita comunicación, que requiriría o consentimento de todas as persoas afectadas.

 

Fin do proxecto "Novos espazos de aprendizaxe para unha educación inclusiva"

O alumnado de 6º de Primaria do noso centro, acompañado por 2 mestras e 1 mestre, acudiron a semana pasada (do 20 ao 24 de maio) a un importante encontro no CEIP Doctor Juan Espino Sánchez da Villa de Ingenio (As Palmas de Gran Canaria), que acolleu tamén a alumnado e profesorado procedentes do CEP Antonio de Ulloa (Cartaxena) e do CEIP Arias Montano (Badaxoz). Este encontro era o último do programa "Agrupacións de Centros Educativos" denominado ‘Novos espazos de aprendizaxe para unha educación inclusiva, subvencionado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. No caso do noso centro o Concello de Cervo tamén colaborou para que se puideran levar a cabo todas as mobilidades previstas. Os obxectivos principais do programa foron potenciar a inclusión educativa, crear vínculos entre centros de diferentes comunidades e o seu alumnado a través da realización de proxectos comúns, compartindo experiencias para aprender uns de outros e impulsar o intercambio e a mobilidade entre os centros.

O martes 21 de maio foron recibidas/os calurosamente por toda a comunidade educativa do CEIP Dr. Espino. O mércores 22 as delegacións foron recibidas oficialmente pola alcaldesa da Villa de Ingenio, Vanesa Martín, e outras autoridades locais. Trala recepción oficial, continuaron os obradoiros no centro, pechando a xornada cunha visita ás Palmas de Gran Canaria (Vegueta – Triana – Las Canteras). O xoves 23 a loita canaria foi a gran protagonista xa que os catro centros participaron pola mañá nunha animada sesión deportiva que lle encantou a todas as personas asistentes. Pola tarde visitaron a zona sur da illa. O venres 24 realizaron varios obradoiros de radio, xornal escolar e xadrez.

Este programa de Agrupacións Escolares desenvolveuse ao longo dos cursos 2022/23 e 2023/24 seguindo varias liñas de traballo: creación de novos espazos educativos (aula ou espazos do futuro), TIC e metodoloxías activas, educación inclusiva, dinamización de recreos (inclusivos), a biblioteca como núcleo vertebrador de proxectos, educación emocional, horta escolar, laboratorio e robótica. Incluiu durante este tempo actividades como intercambio de postais de Nadal ou de presentacións para dar a coñecer o máis destacado de cada localidade, un banco de sementes, dossiers sobre xogos tradicionais, programas de radio, xornal escolar, booktubers, técnicas audiovisuais con croma, actividades de programación e pensamiento computacional, entre moitas outras.

Sen dúbida, a mobilidade entre os centros foi o máis destacado e enriquecedor deste proxecto. En outubro de 2022 desenvolveuse o primeiro encontro de profesorado no noso centro. En abril de 2023 Cartaxena convertíase en punto de encontro. Badaxoz foi a sede do encontro dos centros en marzo deste 2024, pechándose a experiencia agora en maio na Villa de Ingenio cun balance moi positivo tanto do profesorado como do alumnado.

Neste artigo dun xornal canario podedes ver máis detalles e fotografías do encontro da semana pasada e a continuación deixámosvos un vídeo da televisión local:

Distribuir contido


by Dr. Radut