Skip to Content

Campaña solidaria recollida de alimentos

O alumnado de 3° e 4° de primaria está levando a cabo unha campaña de recollida de alimentos solidaria para doarllo ao banco de alimentos da Mariña. Aproveitando este Produto Social Relevante estase a traballar o currículo das diferentes áreas, estreitamente relacionadas co obxectivo 2 "Fame cero" da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible e a metodoloxía de aprendizaxe e servizos. Agardamos a vosa participación para que este Nadal a nosa veciñanza teña os alimentos necesarios para unha boa alimentación.

Ugly Christmas Sweater Day

“Ugly Christmas Sweater Day” (O día do xersei feo de Nadal)

Dende o Departamento de inglés propoñemos unha dinámica de Nadal para o vindeiro VENRES 15 DE DECEMBRO ao máis puro estilo americano para ir festexando a "case" chegada das vacacións! Animámosvos a vir ao cole vestidos/as cun xersei decorado con motivos navideños, ben hortera e divertido. Neste caso rompendo con toda regla estética de menos é máis. Será un día para vir moi rechamangueiras/os. Non será preciso mercar nada, podemos deseñar os nosos propios xerseis con cousas que atopemos pola casa e ser ben orixinais.

Folga profesorado 28N

ORDE do 10 de novembro de 2023 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 28 de novembro de 2023

"As organizacións sindicais CIG-Ensino, STEG e CSIF-Ensino comunicaron a convocatoria dunha folga que afectará o persoal docente dos centros educativos públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e que se desenvolverá das 00.00 ás 24.00 horas do día 28 de novembro de 2023"

"Artigo 1. Terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dos centros educativos públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a dirección ou membro do equipo da dirección. [...] En todo caso, quedará garantida a apertura e o peche de todos os centros."

Seguindo o establecido no artigo 2 da mesma Orde, a designación nominal do persoal que deberá cubrir os servizos mínimos está publicada no taboleiro de anuncios do noso centro.

Folga xeral 24N

ORDE do 22 de novembro de 2023 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 24 de novembro de 2023

"O Sindicato para la Solidaridad de los Trabajadores de España comunicou unha convocatoria de folga xeral para a totalidade das persoas traballadoras das empresas e organismos públicos de España, que se iniciará ás 00.00 horas do día 24 de novembro de 2023 e finalizará ás 23.59 horas dese mesmo día"

"Artigo 1. Terán a consideración de servizos mínimos os que se relacionan a seguir:

1. 6. 3. Centros docentes non universitarios de titularidade pública:

– A dirección ou membro do equipo da dirección e un subalterno ou subalterna en cada centro escolar. En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.

– Unha persoa de cociña nos centros ordinarios con comedor escolar de xestión directa.

– 1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e que neste curso teña asignado persoal desa categoría."

Seguindo o establecido no mesmo artigo 1.6.3. a designación nominal do persoal que deberá cubrir os servizos mínimos está publicada no taboleiro de anuncios do noso centro.

As 3 rutas de transporte de Cervo figuran nos servizos mínimos establecidos no anexo II da Orde, polo que deberían funcionar con normalidade.

Froita na escola

A partir deste mércores 22 de novembro e ata final de curso, o centro ofertará froita a media mañá a todo o alumnado do centro.

Froita ecolóxica

Grazas ás axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido ao alumnado de centros escolares, o centro subministrará froita fresca ecolóxica a todo o alumnado de todos os niveis na merenda de media mañá durante 10 días lectivos consecutivos en 2 períodos.

  1. O primeiro período será dende mañá mércores 22 de novembro ao 5 de decembro, ambos incluídos. Nestes 10 días repartiranse 5 froitas de tempada, unha cada día (cada froita repartirase 2 días alternos): caqui, pera, mandarina, plátano e kiwi.
  2. O segundo período está previsto para abril con froita da tempada primavera-verán. Avisaremos cando se aproxime ese período para informarvos das datas exactas.

Froita o resto do curso

Ademais da froita ecolóxica que se repartirá nos períodos indicados no punto anterior, o comedor escolar ofertará o resto dos días dende agora e ata final de curso cada día unha froita para a merenda de media mañá ao alumnado de todo o centro.

Estas accións teñen como obxectivo familiarizar ao alumnado co consumo habitual de froita. O éxito da mesma depende moito da colaboración das familias e por iso vos pedimos que lles faledes da importancia de consumir froitas e verduras a diario para complementar a educación en hábitos saudables que facemos nas aulas. Se van consumir a froita que se oferte dende o centro, non é necesario que traian merenda. De todas formas, poden seguir traendo merenda se non van querer froita ou se queredes complementala con algún outro alimento saudable.

Leite

Grazas ás axudas mencionadas anteriormente tamén se ofertará leite durante 20 días lectivos no mes de xaneiro.

Ollo ao piollo

Detectados no centro algúns casos de pediculose (piollos), recomendámosvos que revisedes aos nenos e nenas e, en caso de descubrir miúdas ou piollos, aplicar o tratamento de hixiene e desparasitación axeitado para evitar o contaxio aos demais.

Téñase en conta que a escola é un dos lugares máis comúns para a proliferación do piollo (o contaxio é sumamente fácil).

Contaxiar pediculose non implica necesariamente ter hábitos hixiénicos deficientes. Pero erradicala, evitar a anidación e posterior propagación, si que dependen da boa hixiene. Para evitar a propagación, as persoas contaxiadas e quen vive e se relaciona habitualmente con elas deben lavarse cun champú especial, seguindo o tratamento de forma completa.

 Consellos para librarse definitivamente de tan desagradables visitantes:

  • Non só revise á persoa infectada. Mire tamén os seus irmáns e persoas adultas coas que se relaciona frecuentemente.
  • Para eliminar os piollos dos utensilios de uso persoal (peites, cepillos, etc.) póñaos en auga fervendo durante dez minutos ou láveos co champú ou loción piollicida.
  • A clave para erradicar os piollos non é o uso de produtos químicos senón a prevención.
  • Moitas pediatras recomendan repetir un segundo tratamento aos sete días de facer o primeiro.

Magosto 2023

Este venres 10 de novembro celebraremos o Magosto no cole con degustación de castañas asadas proporcionadas pola ANPA e a realización de varios xogos tradicionais. Este ano contaremos coa visita de varias persoas da Asociación Sociocultural ASCM de Ferrol para a realización de xogos tradicionais dentro do programa "Activad@s no envellecemento" mediante o que se realizarán actividades interxeracionais co alumnado do centro, ensinando o voluntariado da asociación xogos tradicionais da súa época e o alumnado ensinándolles xogos actuais.

As familias do alumnado estades invitadas a ver os xogos de 13:00 a 14:15, que previsiblemente se realizarán no pavillón. Lembramos que o alumnado debe permanecer co profesorado ata as 14:35.

Conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, as persoas asistentes poderán gravar imaxes do evento exclusivamente para o seu uso persoal e doméstico. A difusión das imaxes captadas polas familias e demais asistentes fóra do ámbito privado, familiar ou de amizade, por exemplo, mediante a súa publicación na Internet accesible en aberto, será responsabilidade única daqueles que leven a cabo a devandita comunicación, que requiriría o consentimento de todas as persoas afectadas.

Café con libros 2023/2024 - Primeira xuntanza

Queridas familias.

Estamos de novo por aquí para darvos unha nova! Este ano temos unha proposta froito das peticións que algunhas de vós nos levades facendo ao longo destes últimos cursos: un CAFÉ CON LIBROS! Moitas veces botamos en falta un espazo para compartir experiencias, diferentes puntos de vista ou, simplemente, anécdotas. É por iso que Puca, vai organizar un "Café con libros" trimestral coa finalidade de xuntarnos, compartir e de gozar dun delicioso café. Que vos parece a idea?

A continuación, deixamos toda a información sobre a xuntanza deste primeiro trimestre e, se queredes anotarvos, só teredes que cubrir a información que vedes na parte inferior da entrada. 

Sorriso Que? Xuntanza para compartir inquedanzas e reflexións sobre o libro "Sentir" de Miriam Tirado, acompañadas dun café e/ou té e de saudables petiscos. 

Sorriso Como? Con gana de pasar un tempo agradable e co único requisito de ter lido previamente o libro de Miriam Tirado. 

Sorriso Cando? O xoves 14 de decembro de 16:00 a 18:00.

Sorriso Onde? En Bibliocervo.

Teredes ata o luns 11 de decembro para anotarvos. Se queredes ler máis información sobre a obra de Miriam, premede na seguinte imaxe.

Agardámosvos!

Bicos e apertas a moreas.

Folga profesorado 24 de outubro

ORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 24 de outubro de 2023

" A organización sindical CIG-Ensino comunicou a convocatoria dunha folga que afectará o persoal docente dos centros educativos públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas ás 24.00 horas do día 24 de outubro de 2023."

"Artigo 1. Terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dos centros educativos públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a dirección ou membro do equipo da dirección. [...] En todo caso, quedará garantida a apertura e o peche de todos os centros."

Seguindo o establecido no artigo 2 da mesma Orde, a designación nominal do persoal que deberá cubrir os servizos mínimos está publicada no taboleiro de anuncios do noso centro.

Actividades extraescolares 2023/24

O vindeiro luns 2 de outubro comezan as actividades extraescolares organizadas pola ANPA:

LUNS:

16:00-17:00 Manualidades Emocionais. A partir de 3 anos.

16:00-17:00 Xogos de Mesa. A partir de 6 anos.

MARTES:

16:00-17:00 Xadrez. A partir de 6 anos.

16:00-17:00 Baile moderno. A partir de 3 anos.

MÉRCORES:

16:00-17:00 Crea, Customiza e Restaura. A partir de 6 anos.

XOVES

16:00-17:00 Guitarra. A partir de 5 anos.

16:00-17:00 Cociña. A partir de 4 anos.

VENRES

16:00-17:00 Karate. A partir de 6 anos.

16:00-17:00 Ioga. A partir de 3 anos.

Ademais, todos os mércores a partir do 4 de outubro haberá patinaxe no pavillón do centro (16:00-19:00), actividade organizada polas Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo.

A partir do martes 5 de outubro tamén estará aberta polas tardes a biblioteca do centro para o alumnado e familias (de martes a venres de 16:00 a 18:00). Haberá sempre unha mestra ou un mestre de garda. Cando o alumnado vaia a quedar na biblioteca despois do recreo de comedor debedes avisar á titora.

Xornadas de comedor en ecolóxico

A vindeira semana o menú do comedor verase modificado xa que os días 3, 4 e 5 de outubro teremos pratos con produtos ecolóxicos proporcionados polo programa Nutricoles:

  • Martes 3 de outubro:

1º - Ensalada de arroz

2º - Tacos de polo á prancha con espinacas

Postre - Froita de temporada.

  • Mércores 4 de outubro:

1º - Lentellas estofadas con verduras

2º - Coliflor gratinada

Postre - Froita de temporada.

  • Xoves 5 de outubro:

1º - Sofrito de xudías verdes con pataca e cabaza

2º - Hamburguesa de tenreira

Postre - Froita de temporada


Menú comedor escolar 2023/24

Deixámosvos a continuación os menús do comedor escolar para este curso 2023/24 (premede nas imaxes para velos en grande e/ou descargalas).

O menú de primavera-verán é o que está a servirse dende comezo de curso e seguiremos con el ata o 27 de outubro. Volveremos a retomar este menú o 2 de abril de 2024 ata fin de curso.

 

O menú de outono-inverno servirase dende o 30 de outubro de 2023 ata o 22 de marzo de 2024.

Coma sempre, os menús son susceptibles de cambios puntuais por necesidades do servizo.

Calendario escolar 2023/24

A maiores dos días non lectivos comúns para todos os centros de Galicia establecidos na ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (entre os que se atopa o 7 de decembro como Día do ensino), o noso centro solicitou os seguintes días NON lectivos (xa incluídos no calendario de arriba):

13 de outubro de 2023

16 de maio de 2024

 

Reunións familias inicio curso 2023/24

 As reunións das titoras de cada grupo coas familias terán lugar nas seguintes datas:


Curso

Data

Hora

4º Infantil

Mércores 6 de setembro

10:30

5º Infantil

Mércores 6 de setembro

12:00

6º Infantil

Mércores 6 de setembro

12:00

1º Primaria

Luns 18 de setembro

16:00

2º Primaria

Luns 18 de setembro

16:00

3º Primaria

Martes 26 de setembro

16:30

4º Primaria

Luns 2 de outubro

16:00

5º Primaria

Mércores 13 de setembro

Martes 26 de setembro

16:00

16:30

6º Primaria

Martes 26 de setembro

16:30

Colaboradoras/es comedor escolar 2023-24

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta* nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o 7 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2023.

Durante o curso escolar 2023-2024 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

* Os pais/nais recibirán unha compensación económica de 12,50€ cada día que colaboren polos gastos de dedicación e desprazamentos. Os importes resultantes aboaranse mediante tres pagamentos que comprenderán os meses de setembro a decembro, xaneiro a marzo e abril a xuño (a eses importes aplicáraselle a retención fiscal que corresponda). Ademais, os días que colaboran poden comer gratuitamente no comedor escolar.

En que consiste a colaboración?

Funcións das persoas colaboradoras:

a) Cumprir co labor de coidado, atención educativa ao alumnado e apoio ás actividades establecidas de acordo co programa anual do servizo de comedor escolar.
b) Coordinar tarefas relativas á educación para a saúde, adquisición de hábitos sociais e unha correcta utilización e conservación da menaxe de comedor.
c) Axudar os alumnos e as alumnas que, por idade ou necesidades asociadas a condicións persoais específicas de discapacidade, necesiten a colaboración e soporte dun adulto nas actividades de alimentación e aseo.
d) Informar o equipo directivo do centro, no modelo de impreso que este lles facilitará, de calquera incidencia relacionada co desenvolvemento do servizo de comedor, para que aquel o poña en coñecemento das familias.
e) Atención ao alumnado nos períodos de antes e despois do xantar (dende as 14:30 ata as 16:00), basicamente no exercicio e desenvolvemento de actividades programadas para eses períodos, atendendo ás orientacións do encargado do servizo de comedor escolar.
f) En razón do carácter educativo do servizo de comedor escolar fomentarase a colaboración do alumnado a partir de 5o de primaria, sen que iso supoña, a ausencia física ou substitución do persoal habitual encargado da atención no devandito servizo.
O persoal  que participe voluntariamente na tarefa de atención ao alumnado no servizo de comedor escolar non poderá abandonala, a non ser por causa xustificada, e sempre con coñecemento e autorización da dirección do centro (artigo 8.2 da Orde do 21 de febreiro de 2007).

Solicitude praza comedor 2023/24

Prazo de presentación de solicitudes para facer uso do servizo de comedor escolar no curso 2023/24: do 5 ao 14 de xullo de 2023 en horario de 10:00 a 14:00.

Documentación a presentar:

*Especificacións para cubrir correctamente a autodeclaración AQUÍ.


Segundo establece o artigo 11 do Decreto 132/2013, serán usuarios gratuítos os seguinte:

  • Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ao 33%.
  • Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais correspondentes.
  • Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil que se atope en situación de acollemento residencial ou familiar.
  • Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil pertencente a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acreditada documentalmente.

E, segundo a disposición adicional primeira do citado Decreto, o alumnado escolarizado nun centro distinto ao que lle correspondería por domicilio ou lugar de traballo das persoas proxenitoras ten que pagar o máximo (4,50€) o primeiro ano (excepto se xa ten irmáns no centro, que pagará segundo o resultado da autodeclaración).

 

Libros de texto 2023/24

Hoxe, 4 de xullo, está dispoñible en Secretaría a listaxe provisional de admitidas no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir material escolar.

O prazo para posibles reclamacións son os días 5 e 6 de xullo.

O venres 7 de xullo publicarase en Secretaría o listado de definitivo de admitidas no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir material escolar.

Matrícula alumnado nova incorporación 2023/24

DESTINATARIOS:

Todo o alumnado que se matricula no noso centro por 1ª vez (o alumnado que xa está cursando estudos no centro NON ten que presentar nada).

PRAZO de presentación:

Do 22 ao 30 de xuño de 2023 (ambos incluídos).

FORMA de presentación:

Presencialmente no centro en horario de 10:00 a 14:00.

DOCUMENTACIÓN a entregar:

  • Formulario de matrícula debidamente cuberto.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia do boletín de vacinas.
  • 3 fotos tamaño carné.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

DESTINATARIOS:

  • Fondo solidario de libros de texto:

Alumnado que vaia cursar 3º ou 4º de Primaria no vindeiro curso 2023/24.

  • Axudas para adquirir libros de texto:

Alumnado que vaia cursar 1º ou 2º de Primaria no vindeiro curso 2023/24.

  • Axudas para adquirir material escolar:

Alumnado que vaia cursar 1º, 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º de Primaria no vindeiro curso 2023/24.

PRAZO de presentación de solicitudes:

Dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023 (ambos incluídos).

FORMA de presentación:

  • Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Iniciando sesión na web Fondolibros con Chave365 ou certificado dixital.
  • Tamén se pode facer presencialmente no centro* (preferiblemente, en horario de 9:35 a 10:30). Deberán presentar a solicitude e o anexo II debidamente cubertos e asinados xunto cunha copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. En caso de separación deberán presentar sentenza xudicial e/ou convenio regulador. Se fose o caso, deberán presentar tamén certificado acreditativo do grao de discapacidade.

*O alumnado que actualmente está en 6º de Primaria terá que presentar a solicitude no IES no que está admitido.

Na ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330Hpodedes ver a contía das axudas (artigo 2) en función da renda per cápita (artigo 3), que se calcula en base aos membros computables da unidade familiar (artigo 4).

Colaboración Proxecto Eco-comedores

Desde este curso escolar o noso centro está a colaborar co Proxecto Eco-comedores, cuxa finalidade é a de promover o consumo de produtos ecolóxicos, de tempada e proximidade nas escolas con cociña propia. 

Podedes ver neste tríptico en que consiste este Proxecto:

O pasado martes 16 de maio Bea, de Nutricoles, acompañada de Elena, de Terras de Miranda, impartiron unha charla para as familias na que nos explicaron como mellorar á alimentación a través do consumo de produtos máis saudables e de proximidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut