A partir deste mércores 22 de novembro e ata final de curso, o centro ofertará froita a media mañá a todo o alumnado do centro.
Froita ecolóxica
Grazas ás axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido ao alumnado de centros escolares, o centro subministrará froita fresca ecolóxica a todo o alumnado de todos os niveis na merenda de media mañá durante 10 días lectivos consecutivos en 2 períodos.
- O primeiro período será dende mañá mércores 22 de novembro ao 5 de decembro, ambos incluídos. Nestes 10 días repartiranse 5 froitas de tempada, unha cada día (cada froita repartirase 2 días alternos): caqui, pera, mandarina, plátano e kiwi.
- O segundo período está previsto para abril con froita da tempada primavera-verán. Avisaremos cando se aproxime ese período para informarvos das datas exactas.
Froita o resto do curso
Ademais da froita ecolóxica que se repartirá nos períodos indicados no punto anterior, o comedor escolar ofertará o resto dos días dende agora e ata final de curso cada día unha froita para a merenda de media mañá ao alumnado de todo o centro.
Estas accións teñen como obxectivo familiarizar ao alumnado co consumo habitual de froita. O éxito da mesma depende moito da colaboración das familias e por iso vos pedimos que lles faledes da importancia de consumir froitas e verduras a diario para complementar a educación en hábitos saudables que facemos nas aulas. Se van consumir a froita que se oferte dende o centro, non é necesario que traian merenda. De todas formas, poden seguir traendo merenda se non van querer froita ou se queredes complementala con algún outro alimento saudable.
Leite
Grazas ás axudas mencionadas anteriormente tamén se ofertará leite durante 20 días lectivos no mes de xaneiro.