"O Sindicato para la Solidaridad de los Trabajadores de España comunicou unha convocatoria de folga xeral para a totalidade das persoas traballadoras das empresas e organismos públicos de España, que se iniciará ás 00.00 horas do día 24 de novembro de 2023 e finalizará ás 23.59 horas dese mesmo día"
"Artigo 1. Terán a consideración de servizos mínimos os que se relacionan a seguir:
1. 6. 3. Centros docentes non universitarios de titularidade pública:
– A dirección ou membro do equipo da dirección e un subalterno ou subalterna en cada centro escolar. En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.
– Unha persoa de cociña nos centros ordinarios con comedor escolar de xestión directa.
– 1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e que neste curso teña asignado persoal desa categoría."
Seguindo o establecido no mesmo artigo 1.6.3. a designación nominal do persoal que deberá cubrir os servizos mínimos está publicada no taboleiro de anuncios do noso centro.
As 3 rutas de transporte de Cervo figuran nos servizos mínimos establecidos no anexo II da Orde, polo que deberían funcionar con normalidade.