Skip to Content

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

ÁBRESE O PRAZO DE ADMISIÓN: DO 1 AO 22 DE MARZO

O alumnado que debe tramitar a admisión e solicitar un posto escolar neste proceso será:

  • Aqueles que acceden por primeira vez (alumnado que se incorpora a 4º de educación infantil)
  • Aqueles que cambian de etapa e non continúan os seus estudos no centro adscrito (alumnado de 6º curso que non continúe no IES Marqués de Sargadelos, no noso caso; ou que non fixera a reserva de praza para este IES)
  • Alumnado sen escolarizar para calquera dos cursos de educación infantil ou para 1º de primaria
  • Alumnado que desexe cambiar de centro educativo.

*O alumnado actualmente matriculado no centro ten asegurada a súa praza para o vindeiro curso, polo que NON requirirá un novo proceso de admisión.

 

A solicitude de admisión (IMPRESO SOLICITUDE DE ADMISIÓN) deberá ir acompañada da documentación indicada: DOCUMENTACIÓN ADMISIÓN.

Esta solicitude, así como a documentación, presentarase no centro no que solicite praza en primeiro lugar (cada alumno/a poderá presentar unha única solicitude, e nesa mesma solicitude poderanse elixir ata 6 centros, por orde de preferencia; a infracción por presentar varias solicitudes en distintos centros determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle).

 

Para máis información consulte a aplicación: ADMISIÓN ALUMNADO

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2021-2022

O 11 de xaneiro ábrese o prazo para a Reserva de praza nos centros adscritos. Adxuntamos na imaxe as intrucións resumidas, así como o impreso a cubrir para facer a reserva.

Recordamos que este proceso só atañe ao alumnado de 6º curso de primaria que continúe os seus estudos no centro adscrito, neste caso, o IES Marqués de Sargadelos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

Para máis información: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/    

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA

Vén de publicarse  na páxina da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a  Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

Podedes consultar toda a información premendo AQUÍ

Podedes descargar os impresos de solicitude e de comprobación dos membros computables da unidade familiar premendo AQUÍ

 

É importante ter en conta que o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 20-21 NON TÉN QUE PRESENTAR SOLICITUDE,  o centro tramitará a súa axuda  de maneira directa.

LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN 2020-2021

Está publicada a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2020-2021 na secretaría do centro.

O horario de atención ao público é de 10:00 a 14:00 h. de luns a venres.

Tamén podedes chamar ao número 982870207 ou utilizar o correo electrónico: ceip.cervo@edu.xunta.gal para facer a consulta.

Os usuarios da Chave365 poden consultala a través da aplicación "admisionalumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

IMPORTANTE: Poderase formular reclamación contra a listaxe provisional de admisión no prazo de 3 días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS

Segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, os equipos docentes adaptarán a programación didáctica de todos os cursos e áreas identificando as aprendizaxes e competencias imprescindibles que servirán como referentes para o deseño das actividades de recuperación, repaso e reforzo e, no seu caso, ampliación que se desenvolvan durante o terceiro trimestre.

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 19/20 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso. Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así como as actividades do terceiro trimestre, sempre e cando beneficie ao alumnado, polo que a avaliación destas actividades realizadas na fase non presencial so poderá ter valor positivo para a súa cualificación.

 

Quedan publicadas cada unha das programacións adaptadas dos cursos e materias, na barra lateral esquerda, para a súa consulta.

AVISO IMPORTANTE

Restablecemento do prazo da Solicitude de Admisión

Do 11 ao 18 de maio, ambos inclusive.

Horario de presentación de solicitudes no centro: de 10:00 a 14:00 h., preferiblemente con cita previa a través do correo electrónico ceip.cervo@edu.xunta.gal ou no teléfono 982.870.207

Aconséllase traer o impreso xa cuberto e recórdase a importancia de respectar as recomendacións hixiénicas e o distanciamento social, dictadas polo Ministerio de Sanidade, á hora de acudir ao centro educativo.

Impreso de Solicitude de Admisión

BOLETÍNS 2ª AVALIACIÓN

A entrega de notas da 2ª avaliación realizarase a través da aplicación abalarMóbil, no apartado Cualificacións. As notas subiranse a dita plataforma o venres 3 de abril.

Segundo as instruccións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario, sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre, non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

No caso de que algunha familia teña algún problema ou consulta poderá poñerse en contacto co colexio a través do correo electrónico no seguinte enderezo: 

ceip.cervo@edu.xunta.gal

 

Abalar Móbil

Dado que debido ás instrucións só poderemos ter contacto telemático coas familias e alumnado, aconséllase ás familias que aínda non o fixeron, descargar nos teléfonos móbiles a aplicación gratuita AbalarMobil a través da cal poderemos enviarvos avisos relativos ao centro.

Tedes toda a información neste enlace

 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

VER NO FICHEIRO ADXUNTO  

RECOMENDACIÓNS PARA AS FAMILIAS

     A situación á que nos estamos a enfrontar pode facer que os nosos fillos se sintan enfadados, preocupados e posiblemente asustados. Escóitannos falar, oen as noticias que saen en radio e televisión. Observan constantemente as nosas reaccións cara as novas que oímos, os comentarios que facemos sobre o confinamento e perciben a nosa preocupación.

     Nunca vivimos unha situación deste tipo ningún de nós, aínda menos os nenos e nenas; non realizar as súas actividades cotiás, transformouse en estar encerrados na súa propia casa sen poder ver aos seus amigos. Pola súa temperá idade, moitos deles non son capaces de xestionar este encerro, as emocións que senten, nin tampouco como reaccionar ás que observan nos adultos que convivimos con eles.

    Ao longo dos días é posible que aparezan nos nosos fillos algúns altibaixos emocionais e incluso problemas de conduta, chamadas de atención, medos..., porque non saben xestionar o enfado, a tristeza ou a preocupación que supón non poder realizar assúas rutinas habituais. É esperable que isto apareza, non vos asustedes, debedes estar preparados.

Nestes momentos o que os nenos necesitan é sentirse seguros e reconfortados.

Isto se traduce en transmitirlles calma e non incerteza, pero tamén xogar con eles, pintar, ler, ver películas ou non facer nada, simplemente estar tumbados con eles.

    Buscade unha rutina, sen ser ríxidos (por exemplo: tarefas escolares pola mañá e ocio pola tarde, ou combinádeo como podades co teletraballo que moitos teredes). Pero, sobre todo, non descoidemos as emocións, leamos contos con eles, falemos de como se senten e provoquemos situacións de diversión en familia, isto fará que recorden este encerro como aqueles días nos que todos xuntos na casa facíamos ximnasia, ioga, unha exposición de pintura ou unha receita de cociña.

    Cando todo isto termine teremos que continuar adiante e todos recordaremos o que pensamos e sentimos neses días. Os nenos e nenas tamén; se xeneraron moitas emocións e recordos negativos, quedarán na súa memoria máis tempo do desexado.

    Dende o Departamento de Orientación cremos firmemente nestas palabras.

    Tratade de manter a calma e procurade recordar que ás veces o urxente nos afasta do importante.

                     Isabel Vázquez Barreiro

               Xefa do Departamento de Orientación

NOVIDADES ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA INGLESA 2020 MEC

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares/inmersion-linguistica.html#ds4

Descripción

Ayudas destinadas a grupos de alumnos de 6º de Educación Primaria y 2º de Educación Secundaria Obligatoria para el desarrollo de un Programa de Inmersión Lingüística en inglés. Con ello, se pretende estimular la práctica oral de la lengua inglesa en entornos comunicativos no formales más dinámicos y atractivos. Asimismo, dentro de las actividades a desarrollar, se tratarán temáticas de interés científico y medioambiental, y se promoverá la convivencia con alumnos de otros lugares de España. Durante el desarrollo del programa, la lengua vehicular en la que se desarrollarán todas las actividades será el inglés.

RESERVA DE PRAZA 2019-2020

 Nota informativa

  • O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (no noso caso, no IES Marqués de Sargadelos), para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIP de Cervo) o formulario normalizado ED550A(Anexo I) entre os días 1 e 15 de febreiro.

 

  • As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (solicitando o Anexo I no centro de orixe: CEIP de Cervo), desde a páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervo/ ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) no menú: Solicitudes - Reserva – Crear.

 

IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEIP de Cervo) o en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

 

  • O alumnado que ten reservada praza no centro adscrito, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicar por escrito a renuncia á reserva antes do 1 de Marzo de 2020.

 
NORMATIVA:

Corrección de erros da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG)

  • Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos (DOGA do 1 de febreiro de 2017)
  • Instrucións para a configuración da oferta de prazas e para a reserva de praza en centro de adscrición. Curso 2019/2020

 

BIBLIOTECA CREATIVA

BIBLIOTECA CREATIVA

HORARIO CURSO 2019-2020

O horario do colexio de Cervo o presente ano académico 2019-2020 será durante todo o curso (setembro e xuño incluídos):

 

- HORARIO LECTIVO: de 9:35 h a 14:35 h

- HORARIO DE COMEDOR: de 14:35 h a 15:30 h

- TEMPO DE LECER: de 15:30 h a 16:00 h

- GARDAS DE BIBLIOTECA: de 16:00 h a 18:00 h

 

Os posibles horarios para a recollida do alumnado será ás 14:35 h., ás 15:30 h., ás 16:00 h., ás 17:00h. ou ás 18:00 h.

O transporte escolar dependente da Consellería sairá do colexio ás 16:00 h. de martes a venres; os luns ás 16:30 h.

INFORMACIÓN

Estimadas familias:

O centro está aberto ao alumnado dende o día 11 de setembro, tal e como indica a Orde que establece o calendario escolar.

Durante o horario lectivo, as obras que se realizan no centro limítanse aos espazos aos que non accede o alumnado.

 O equipo directivo.

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

Entra no blog da biblioteca do cole

http://bibliocervo.blogspot.com/

Aquí podes atopar todo o que facemos ao longo do curso no colexio: actividades, novas, recomendacións de lectura...

Esperamos que vos guste.

AVISO IMPORTANTE

Restablecemento do prazo da Solicitude de Admisión

Do 11 ao 18 de maio, ambos inclusive.

Horario de presentación de solicitudes no centro: de 10:00 a 14:00 h, preferiblemente con cita previa a través do correo electrónico: ceip.cervo@edu.xunta.gal ou no teléfono 982.870.207 

Aconséllase traer o impreso xa cuberto e recórdase a importancia de respectar as recomendacións hixiénicas e o distanciamento social, dictadas polo Ministerio de Sanidade, á hora de acudir ao centro educativo.

Distribuir contido


by Dr. Radut