ÁBRESE O PRAZO DE ADMISIÓN: DO 1 AO 22 DE MARZO
O alumnado que debe tramitar a admisión e solicitar un posto escolar neste proceso será:
- Aqueles que acceden por primeira vez (alumnado que se incorpora a 4º de educación infantil)
- Aqueles que cambian de etapa e non continúan os seus estudos no centro adscrito (alumnado de 6º curso que non continúe no IES Marqués de Sargadelos, no noso caso; ou que non fixera a reserva de praza para este IES)
- Alumnado sen escolarizar para calquera dos cursos de educación infantil ou para 1º de primaria
- Alumnado que desexe cambiar de centro educativo.
*O alumnado actualmente matriculado no centro ten asegurada a súa praza para o vindeiro curso, polo que NON requirirá un novo proceso de admisión.
A solicitude de admisión (IMPRESO SOLICITUDE DE ADMISIÓN) deberá ir acompañada da documentación indicada: DOCUMENTACIÓN ADMISIÓN.
Esta solicitude, así como a documentación, presentarase no centro no que solicite praza en primeiro lugar (cada alumno/a poderá presentar unha única solicitude, e nesa mesma solicitude poderanse elixir ata 6 centros, por orde de preferencia; a infracción por presentar varias solicitudes en distintos centros determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle).
Para máis información consulte a aplicación: ADMISIÓN ALUMNADO
Adxunto | Tamaño |
---|---|
admisión documentación 21-22.pdf | 162.29 KB |