Skip to Content

O NOSO SAMAÍN

 

 

 

 

No noso colexio queremos achegar a cultura e tradición popular galega á nosa Comunidade Educativa, e moi especialmente ao noso alumnado a través da realización de diversas actividades.

QUE É O SAMAÍN?

Temos que ter en conta que o termo Samaín é un préstamo do gaélico-irlandés para unificar as diferentes denominacións existentes arredor deste festexo tradicional como pode ser Noite dos Calacús, Noite dos Mortos, Noite das Ánimas ou incluso Magosto, o cal se pensa que é o herdeiro directo desta festividade. Así e todo, o nome máis popular e con maior presenza ao longo dos séculos é Defuntos ou Noite das Ánimas.

Aínda que na actualidade moitas tradicións case desapareceron, hai testemuñas orais e documentación escrita que recollen a súa presenza na sociedade galega ata os anos 80 e 90.

Antonio Reigosa, escritor de moitos libros e divulgador da mitoloxía e cultura popular galega considera que o que hoxe chamamos Samaín é, probablemente, anterior á celebración católica dos mortos. Ten orixe precristiá, asentada na cultura celta do arco atlántico. "É o momento do ciclo anual no que decae a produción, recóllense os froitos, vén o frío, chega o inverno, a escuridade... o momento idóneo de irnos preparando para o futuro, para ese día no que seremos ánimas como o son agora os devanceiros" (1)

 

Pouco a pouco o carácter da celebración tornou máis festivo e tamén se xuntou coa celebración de Halloween.

Por estes motivos convidámosvos a vir caracterizados o vindeiro mércores, 30 de outubro de 2024 e a vivir con nós unhas experiencias de aprendizaxe aterradoramente divertidas. Entre elas o alumnado, dependendo do ciclo, poderán gozar de:

- Obradoiro de Escritura Creativa: RELATOS DO SAMAÍN

- Obradoiro "O meu monstro de Samaín"

- Decoración de cabazas e creacións artísticas con materiais de refugallo.

 

Aquí vos deixamos uns recursos para aprender, saber máis e divertirvos!

 Ligazóns:

Contos:

 (1) Fontes de información: galiciaencantada.com, orgullogalego.gal e lingua.gal

AdxuntoTamaño
Samaín.jpg356.2 KB
9788411100724-dicionario-dos-seres-miticos-galegos.jpg479.67 KB


page | by Dr. Radut