Prazo de presentación de solicitudes para facer uso do servizo de comedor escolar no curso 2024/25: do 18 ao 28 de xuño de 2024.
Documentación a presentar:
- Autodeclaración debidamente cuberta* e asinada.
*Especificacións para cubrir correctamente a autodeclaración AQUÍ.
Aos efectos de orientar ás familias sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar. O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp
Segundo establece o artigo 11 do Decreto 132/2013, serán usuarios gratuítos os seguinte:
- Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ao 33%.
- Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais correspondentes.
- Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil que se atope en situación de acollemento residencial ou familiar.
- Alumnado que curse a ensinanza básica e/ou segundo ciclo de educación infantil pertencente a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acreditada documentalmente.
E, segundo a disposición adicional primeira do citado Decreto, o alumnado escolarizado nun centro distinto ao que lle correspondería por domicilio ou lugar de traballo das persoas proxenitoras ten que pagar o máximo (4,50€) o primeiro ano (excepto se xa ten irmáns no centro, que pagará segundo o resultado da autodeclaración).