Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Primaria

LIBROS E HISTORIAS DE AUDIO

Ola familias, nenos e nenas: dende aquí queremos anunciarvos que a compañía AMAZON, dende hoxe, vén de anular as suscricións de libros e historias audibles para nenos e estudantes. Todas as historias son gratuitas  para ordenador, tablet e teléfono móbil. Para acceder a elas só tendes que entrar neste enlace.

Grazas a todos e a todas pola labor que estades a facer nas vosas casas cos nenos e nenas nestes días de confinamento. Xuntos, familia e escola, facemos un gran equipo!

¡Quédate en tu casa!

¡Atención amantes de la alegría y la fiesta!

Desde el cole, os proponemos la siguiente actividad:

1) Escucha, aprende y baila la canción.

2) Que papá o mamá te graben cantando y bailando 10-20 segundos de la canción.

3)Envíalo al cole a través del whatsapp al número del cole!!!: 644765166 

FECHA LÍMITE PARA ENVIARLO: DOMINGO 29 DE MARZO

¡¡Que este confinamiento nos pille bailando y cantando!! Guay

 

5º E.Primaria. Fene Lendo Mulleres

 

 O pasado 10 de marzo o alumnado de 5º E. Primaria asistimos, como todos os anos, ao maratón de lectura Fene Lendo Mulleres. Este ano foi moi especial pois a nosa mestra Silvia Filgueira Pena foi a elexida como fenesa para ler o Manifesto 8M, ao finalizar as nosas lecturas unhas rapazas de Comercio Xusto convidáronnos a probar algúns dos seus produtos e ensináronnos e explicáronnos moitas cousas sobre o chocolate e o cacao. Foi unha xornada estupenda, grazas as familias que vos puidestes acercar á Biblioteca e acompañarnos.

 

                                         

                                

                                

Fai clik aquí para ver máis fotos. Galería de fotos

St. Patrick's Day Activities

☘️☘️☘️ Hear hear! St. Patrick's Day is near! ☘️☘️☘️

 

Do you have your leprechaun trap ready? This is the night! I propose you the following activities:

1) Watch and listen How to catch a leprechaun. Click here.

2) Review St. Patrick's Day vocabulary. Click here

3) Do the wordsearch. Click here.

 

4) Can you find all the clovers? Play here

5) Can you catch the leprechaun? Play here

6) Prepare your leprechaun trap for tonight!

 

☘️ ☘️ ☘️ I hope you like it! ☘️ ☘️ ☘️

Visita DOMUS (A Coruña) 3º-4º EP

O pasado 27 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou a DOMUS (A Coruña).

Alí visionamos unha película documental que tiña varios apartados, e o que máis nos gustou foi o da posidonia, planta mariña. Tamén había outro que falaba das matemáticas na nosa vida...

Logo poidemos desfrutar e xogar con todos os aparellos que había e descubrimos  a forza coa que chutamos a pelota, o noso peso e a nosa altura, a destreza visual, a rapidez de reacción... e moitas máis cousas.

Foi unha mañá moi entretida, pasámolo moi ben... Iso si, fixemos unha paradiña entre tanto descubrimento para tomar a "merenda" e repoñer forzas para seguir cos nosos descubrimentos.

 

 

Visita de Yolanda Castaño co seu libro "Coller as rendas"

Esta mañá visitounos Yolanda Castaño. Falounos do seu libro, "Collendo as rendas" que xa leramos na clase. Gustounos moitísimo porque foi moi interesante e divertido. Ademais puidemos falar con ela un anaco e adicounos os nosos libros. Foi fenomenal!

 

CHARLA CON EVARISTO AMADO

Entre o 9 e o 13 de marzo celebraremos no colexio  a Semana da Prensa. Este mércores como adianto tivemos a sorte de contar coa presenza na nosa biblioteca de Evaristo Amado Fernández, Coordinador da Fin de Semana na Axencia EFE. Evaristo é natural de Pontedeume, licenciouse en Periodismo na Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa en Madrid, o seu traballo na Axencia EFE consiste en redactar, editar e coordinar equipos de periodistas.

          A charla foi moi interesante e tivemos oportunidade de facerlle moitas preguntas as cales nos contestou encantado. Explicounos moi ben as diferentes tarefas as que se enfrentan cada día no seu traballo. Preguntámoslle porqué cada hai un atropelo ou accidente no noso pobo non sae en todas as cadeas de televisión ou como podían chegar tan rápido cando pasaba algo nun partido de fútbol. A moitos pareceunos  interesante eso de estar acreditado como periodista nos grandes acontecementos deportivos e poder ver todo o que acontecede dende primeira línea. 

Queremos darlle as grazas a Evaristo Amado, dende agora Tito para nós, e convidalo a voltar ao noso cole cando queira.

                              

                              

         Ao remate da charla os alumnos e alumnas da clase de quinto fixemos entre todos este mapa conceptual coa información recollida na charla e que vai ser o noso punto de partida para adentrarnos na semana de marzo na que os xornalistas seremos nós.

 

Teatro Pazo da Cultura (Narón)

O pasado martes 22 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto de Ensino Primario desprazouse ata o Pazo da Cultura, en Narón, para presenciar a obra de teatro "Patapatúm" da compañía Elefante elegante: un espectáculo de teatro visual sen palabras, unha reflexión sobre o tempo e como os adultos enchemos os baleiros da vida dos nenos con cousas materiais.

SORPRESA! E unha máis! E moitas máis! Unha morea de regalos! Grandes, pequenos, pesados, lixeiros, azuis, verdes, laranxas, cadrados, redondos... Regalos de todas as formas e tamaños, divertidos e asombrosos... O neno non tiña mans para abrir tantos xoguetes... 

A verdade é que lles custou un pouquiño entender este tipo de teatro pois están afeitos ao teatro dialogado... De todos os xeitos, desfrutaron co espectáculo, e unha vez no colexio, deunos pé nas aulas para falar de tantos agasallos como reciben por Reis, aniversarios... e o pouco ou moito caso que lles fan.

 

VISITA AO MERCADO DE 2ºA

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria, aproveitando que estábamos a traballar os cartos, fomos visitar o Mercado que teñen montado na aula os nenos e nenas de 2ºA. Cada un levou os seus cartos e fixo unha pequena compra. Atendéronnos moi ben!

 

Distribuir contido