Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Primaria
PASEO POLA RIBEIRA
O venres, día 2 de decembro, visitamos as instalacións da Confraría de Barallobre. Explicáronnos o funcionamento da depuradora de mariscos e tamén nos falaron das distintas formas de vida que aparecen na nosa ría: desde as algas e as esponxas, ata os polbos ou os arroaces... Despois, fomos dar un paseo pola ribeira e, como era marea baixa, vimos como mariscaban (entre os mariscadores estaban algunhas das nosas nais) e deixáronnos coller con elas berberechos e ameixas, e ostras tamén, para axudarlles. Fomos a pé todas as nenas e os nenos de quinto e sexto, e pasámolo xenial!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12