Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Teatro Pazo da Cultura (Narón)
O pasado martes 22 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto de Ensino Primario desprazouse ata o Pazo da Cultura, en Narón, para presenciar a obra de teatro "Patapatúm" da compañía Elefante elegante: un espectáculo de teatro visual sen palabras, unha reflexión sobre o tempo e como os adultos enchemos os baleiros da vida dos nenos con cousas materiais.
SORPRESA! E unha máis! E moitas máis! Unha morea de regalos! Grandes, pequenos, pesados, lixeiros, azuis, verdes, laranxas, cadrados, redondos... Regalos de todas as formas e tamaños, divertidos e asombrosos... O neno non tiña mans para abrir tantos xoguetes...
A verdade é que lles custou un pouquiño entender este tipo de teatro pois están afeitos ao teatro dialogado... De todos os xeitos, desfrutaron co espectáculo, e unha vez no colexio, deunos pé nas aulas para falar de tantos agasallos como reciben por Reis, aniversarios... e o pouco ou moito caso que lles fan.