Saídas didácticas

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITA A CASA DOS PEIXES DA CORUÑA

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil tiveron a oportunidade de visitar a Casa dos Peixes da Coruña.

Mirade que ben o pasaron e todo o que puideron ver...

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ATA A PRÓXIMA!!!

 

TEATRO PRINCIPAL (5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

O alumnado de 5º de Educación Primaria, foi ao Teatro Principal a ver a obra de teatro "O Faiado".

Con ela pretendíase fomentar valores que propicien a convivencia: a colaboración, respecto, diálogo posta en común e toma de decisións. Tamén se pretendía coñecer e utilizar de forma apropiada a lingua galega, coñecer e aprender aspectos e persoeiros da cultura tradicional e folclórica, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia ademais de estimar a lingua galega como propia, como mostra de identidade de Galicia.

 

Imaxes do MAKING OFF do programa "EU QUERO SER..." coa presentadora Inma Morandeira

O alumnado que puido formar parte da gravación do programa "Eu quero ser... arqueólog@" da TVG está tan orgulloso do seu traballo, que vos quere mostrar algunhas imaxes de todo o que traballaron para logralo e o ben que o pasaron detrás das cámaras. Grazas a Inma Morandeira e a todo o equipo pola súa paciencia...

FIXESTES UN GRAN TRABALLO!!

 

OS TERCEIROS FORON AO AUDITORIO DE GALICIA

O luns, 21 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 3º asistiron a unha sesión de Didácticos Audiovisuais no Auditorio de Galicia.

As distintas pezas trataron temas como a contaminación dos océanos, as especies animais en perigo de extinción, a necesidade de reciclaxe ou o perigo do cambio climático entre outros.

 

Esta actividade compleméntase con actividades didácticas no centro de ensino para que os nenos tomen conciencia da importancia do coidado da natureza e dos problemas derivados do maltrato á nosa contorna.

 

 

PROXECTO LANDRAS. A PLANTACIÓN DOS CARBALLOS.

O venres 18 de xaneiro, un grupo de alumnos/as do centro puxo fin ao "Proxecto Landras. De Ordes a Vincios", a través do cal colaboramos coa Comunidade deMontes de Vincios no repoboamento dos montes queimados. 

As landras que plantaramos xa fai máis dun ano deron o seu froito e os carballos que naceron delas xa están no seu destino. O monte no que os transplantamos levará o nome de "O bosque dos nen@s", xa que nel, moitos nenos e nenas están colaborando para volver a convertelo nun monte como era antes dos lumes.

Poñemosvos a ubicación do Monte do Galiñeiro (que así se coñece aquela zona pola forma de crista de galo da formación rochosa que está no alto) para que vaiades de visita cando queirades... e para que ninguén se esqueza desta colaboración, levamos unha placa de recordo que quedou alí sinalizando.

 

Tamén vos invitamos a seguir no facebook á Comunidade de Montes de Vincios, onde fixeron tamén unha publicación coa nosa visita e onde van informando de todas as súas actividades.

https://www.facebook.com/montesdevincios/ 

 

E agora podedes ver unha serie de fotografías do día, no que temos que agradecer enormemente a axuda prestada por todas e cada unha das persoas que estaban alí. Foi un día moi especial e podemos asegurar (por moitos feitos) que a xente de Vincios é xenerosa por riba de todo.

En breve subiremos unha recompilación de máis fotografías deste día... que hoxe estamos moi cans@s de tanto traballar!

 

@s de 6º FORON AO NUMAX E AO PARLAMENTO...

O alumnado de 6º de Educación Primaria, rematou este primeiro trimestre do curso cunha visita á cidade de Santiago de Compostela.

Foron a visitar o Parlamento e tamén a ver unha película ao Numax.

   

 

Premede aquí para ver un breve vídeo dos cativos/as no Parlamento...

 

 

2º NIVEL. SAÍDA AO NUMAX

Aproveitando a saída ao NUMAX, fomos de paseo pola zona vella de Santiago de Compostela ata chegar á catedral.

Unha bonita e interesante saída!!

 

 

4º DE E.P. VISITA NATURMAZ

O alumnado de 4º de E.P. desfrutou un fermoso día nas instalacións de Naturmaz, no concello de Mazaricos.

Alí participaron en divertidas actividades: xogos de orientación, con auga, con globos, circuítos de obstáculos, paintball, pero... sen dúbida, a actividade estrela coa que levaban días soñando, era subirse a unha piragua e dar un pequeno paseo polo embalse da Fervenza.

Pasárono xenial!!

 

 

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITA A GRANXA-ESCOLA DE BELELLE

Os nenos e as nenas de Educación Infantil do noso centro foron de excursión de fin de curso á Granxa-Escola de Belelle, no concello de Neda. Era a primeira vez que iamos e gustoulles moito. Puideron traballar a terra, coñecer máis de preto animais (tanto mamíferos coma aves), montaron en poni, fixeron pan, alimentaron aos animais e sobre todo... pasárono en grande!!

Premede na imaxe para ver unha breve montaxe con algunhas das fotografías dese día...

 DÁDELLE AO PLAY!

 

 

O ALUMNADO DE 1º DE E.P. VISITA O PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

O pasado 30 de maio, o alumnado de 1º de E.P. do noso centro, viaxou á Prehistoria e visitou o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra).

Fixeron unha visita guiada polo parque para ver os seus petroglifos e unha representación dun poboado da época, asistimos a unha exhibición na que nos amosaron como facer lume, participamos nun taller de cerámica no que elaboramos as nosas propias creacións con barro e, por último, visitamos o museo que se atopa nas súas instalacións.

Pasámolo xenial!