Saídas didácticas

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL ASISTE A UN CONCERTO NO CONSERVATORIO HISTÓRICO

Unha vez máis, o alumnado do CEIP ADR Castelao puido asistir a un concerto didáctico no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela. Desta volta tocoulle ao alumnado máis noviño do centro, o de 4º de Educación Infantil. Foi a súa primeira saída en autobús ata tan lonxe e encantoulles; foi todo un éxito.

 


Premede nas claves e nas maracas para ver dous pequenos fragmentos do concerto e como o noso alumnado participa nel (todos os nenos e nenas puideron participar, dun ou doutro xeito, pero por motivos obvios, non podemos mostrar nada máis que uns anaquiños).

Resultado de imagen de claves instrumento             Resultado de imagen de dibujo de maracas

 

  

REBUMBIO MATEMÁTICO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Unha parte do noso alumnado de 6º de Educación Primaria, en representación do CEIP ADR Castelao de Ordes, acudiu na xornada do 27 de abril ao XVIII Rebumbio Matemático celebrado na Facultade de Ciencias a Educación da U.S.C., no campus Sur de Santiago de Compostela.

Desta volta celebrouse a fase de zona, que inclúe colexios de Santiago de Compostela e comarcas do arredor; pero nuns días coñeceranse os resultados desta xornada e os/as vecedores/as pasarán á fase final de Galicia que se celebrará na Coruña.

 

Sorte rapaces e rapazas!

 

5º de EDUCACIÓN INFANTIL VISITA O CONSERVATORIO HISTÓRICO

O alumando das dúas aulas de 5º de Educación Infantil do noso centro tivo o privilexio de asistir, unha vez máis, a un concerto didáctico chamado "Máis que notiñas II" que tivo lugar no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela.

Tiveron sorte e, ademais de pasalo xenial no concerto, o tempo acompañonos/as e puideron estar un anaquiño nun parque da zona para repoñer forzas!!

Mirade algunhas fotografías da xornada...

  

 

  

Foi todo un pracer asistir a este magnífico concerto!

 

 

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL NO CONSERVATORIO HISTÓRICO

Ao remate deste mes de abril, comeza a quenda de asistir ao Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela do alumnado de Educación Infantil. O primeiro grupo ao que lle tocou desfrutar do concerto foi o formado polo alumnado dos tres grupos de 6º de E.I.

Premede nos instrumentos para ver dous anaquiños da actuación e o ben que o fixeron os nosos alumnos e alumnas...

Resultado de imagen de instrumento musical claves      Resultado de imagen de instrumento musical campanas

 

 

  

Pasárono en grande no concerto e tamén nun dos parques dos arredores no que xogaron e merendaron ao sol!!

 

1º A, B, e C de E.P. e 2ºA de E.P. VISITAN O CONSERVATORIO HISTÓRICO.

Desta volta foi outro grupo de alumnado de Educación Primaria o que tivo o pracer de asistir a un Concerto Didáctico no Conservatorio Histórico.

O concerto levaba como título "Unha viaxe a tempo. Segunda edición", e nel, facíase un percorrido por músicas e bailes de diferentes países do mundo, coma México ou Italia.

  

 

 

Agradecemos, a todas as familias que acollades de tan bo agrado esta actividade cada curso.

 

3º de E.P. e 2º B e C VISITAN O CONSERVATORIO HISTÓRICO.

Outro ano máis, o alumnado do noso centro comeza a asistir aos concertos didácticos no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela.

Desta volta foron rapaces e rapazas de 3º A, B e C de Educación Primaria acompañados do alumando de 2º A e B da mesma etapa.

Aquí podedes ver algunhas das fotografías desta saída.

 

 

Grazas, coma sempre, a todos e todas as que fan posible estas saídas.

 

VISITA AO CENTRO DE SAÚDE DE ORDES.

O alumnado de 5º de Educación Primaria visita o centro de saúde de Ordes na xornada do 23 de marzo.

 

TEATRO PRINCIPAL. 5º DE E.P.

Os alumnos e as alumnas de 5º de Educación Primaria asistiron a unha representación teatral no Teatro Principal de Santiago: "O conto de azuzaina". Foi o 21 de marzo do presente curso escolar.

 

 

CONCERTO DIDÁCTICO. 4º de Educación Primaria

O venres, 16 de marzo, o alumnado de 4º de E.P. asistíu ao concerto didáctico: "A HISTORIA EXTRAVAGANTE DE HIPO E GAVANTE" no Auditorio de Santiago de Compostela.

O narrador, Nono Granero, narra a historia dun hipopótamo e un bogavante (baseada no libro do mesmo nome) acompañado por pezas musicais interpretadas pola Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela.

Premede na fotografía para ver un breve fragmento do concerto...

Quedamos encantados/as co concerto!!

 

VISITA DO 4º NIVEL DE E.P. AO MUNCYT

O alumnado do 4º nivel de E.P. do noso centro puido desfrutar dunha saída didáctica que sempre é moi especial.

Premede na imaxe para ver como os recibiron...

 

Visitaron o Muncyt e viñeron encantados/as!

Mirade algunhas fotografías da saída...