Ao longo de toda unha semana do mes de novembro, o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria, tivo a posibilidade de coñecer máis de preto a Praza de Abastos de Ordes.
A actividade, chamada "Vaia Praza", foinos proposta polo Concello de Ordes, e organizada polos hostaleiros/as: Sonia Moar, Juan Buyo e Tito Fernández, coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Ordes.
Puidemos visitar os postos e coñecer o que neles se vende acompañados/as, con gran paciencia e profesionalidade, de Begoña, Lucía e Sara (monitoras da actividade).
Asistimos a un taller impartido por educadoras da Casa Grande de Xanceda onde prantamos legumes reciclando os envases de iogur e coñecemos máis de preto o traballo que se desenvolve nesta granxa.
E, por se fora pouco, puidemos gozar dun exquisito chocolate con churros cortesía dos/as organizadores/as da actividade e do Concello de Ordes e de outros dous saborosos agasallos cortesía da panadería Milagros e da froitaría A Nova.
Foi un pracer compartir este tempo con veciños/as e comerciantes. Os/as cativos/as viñeron encantados/as!!