Saídas didácticas

3º de E.P. en NATURMAZ

O venres, 24 de maio, o alumnado de 3º de E.P. desfrutou dun día de lecer, en compañía das súas mestras e mestre, nas instalacións de NATURMAZ, en Mazaricos.

As actividades nas que participaron foron: Kayak, escalada e búsqueda do tesouro.

Os monitores e monitoras tamén lles ensinaron o resto das instalacións, como a zona dos avións ultralixeiros ou a horta; e tamén lles mostraron os distintos animais que coidan nas súas instalacións.

Agradecemos aos monitores e monitoras a súa profesionalidade e... seguro que volveremos!!

 

 

VISITA A APÍPOLIS - 1ºB E 1ºC -

O alumnado de 1º B e 1º C de Educación Primaria, visitou as instalacións de Apípolis.

Alí viron de preto a vida das abellas e o importantes que son para o futuro de todas as especies.

Procuramos inculcar no noso alumnado actitudes respetuosas co medio que nos rodea e concienciar da importancia de todos e cada un dos seres vivos, independentemente do seu tamaño; e con esta visita, coidamos que o conseguimos!!

 

 

3º e 4º de E.P. VAN Á CASA DA CULTURA

O venres, 10 de maio, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria asistiron á Casa da Cultura a ver a representación da obra de teatro "Os desastriños", protagonizada por alumnos e alumnas do colexio ADR Castelao e Campomaior que asisten á actividade extraescolar de teatro.

Foi unha experiencia realmente interesante ver a compañeir@s de xogos nun escenario!!

Grazas por convidarnos!!

 

VISITA DE 5ºB AO P.A.C. DE ORDES

O pasado venres, 26 de abril, os alumnos e alumnas de 5ºB de Educación Primaria, visitamos o Punto de Atención Continuada de Ordes.

O xefe de servizo, Jacobo Laya, e o xefe de enfermería, Pepe, amosáronnos a sala de urxencias médicas, a de fisioterapia e a de maternidade.

E Ana, a xefa de administración, explicounos en que consiste todo o proceso de solicitar cita, solicitar a tarxeta sanitaria europea... e outras cuestións máis burocráticas que tamén son moi importantes nun centro médico.

 Foi moi intesante coñecer o centro médico do noso concello dende un punto de vista moi diferente ao de cando imos de pacientes.

PLAN PROXECTA. VISITAMOS UN SALÓN DE PEITEADO PARA ANIMAIS...

Neste curso, hai un grupo de nove clases, de diferentes niveis, que están traballando arredor dun proxecto que leva por nome: "Mascoteir@s" e que se inclúe dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación.

A través das actividades que nel se propoñen, pretendemos traballar e coñecer o coidado dos principais animais de compaña que podemos ter nas nosas casas.

Unha das actividades que vos queremos mostrar é a visita do noso alumnado a unha perrucaría canina do pobo, Traskilados que, moi amablemente, nos recibiu nas súas instalacións para ensinarnos o seu traballo.

Agradedemos infinitamente a Ángela e a Ánxela a súa paciencia c@s peques e tamén a tod@s @s propietari@s dos cans e cadelas que permitiron que o noso alumnado estivese nese momento presenciando o guap@s que @s deixaban!!

E inda por riba, levamos agasallos para tod@s...!!

Que máis se pode pedir..??

AI SI... QUE COIDEMOS DA MELLOR MANEIRA POSIBLÉ ÁS NOSAS MASCOTAS, XA QUE SON UN/UNHA MÁIS DA FAMILIA!!

 

AQUARIUM FINISTERRAE

Os nenos e as nenas de 5º de Educación Infantil do noso cole foron ao Acuario da Coruña. Pasaron unha mañá moi entretida e, entre outras moitas cousas, tiveron a sorte de presenciar como os buzos lles daban de comer aos peixes que se ven dende o Nautilus...incluído o tiburón Gastón!!

Foi espectacular!!

 

 

AUDITORIO DE GALICIA. 1º DE E.P.

O alumnado de 1º de Educación Primaria asistíu o xoves 28 de marzo ao Auditorio de Galicia. Gozaron dun concerto didáctico chamado "Minimozart".

 

 

 

 

2º NIVEL. SAÍDA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL E FUNDACIÓN ABANCA.

Os cativos e as cativas do 2º nivel de Educación Primaria puideron desfrutar dunha visita ao Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela.

Tamén aproveitaron para visitar a exposicion da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea na Fundación Abanca.


Foi unha mañá moi interesante e entretida!!!

 

 

TEATRO EN INGLÉS NA CASA DA CULTURA.

O alumnado de 3º e 4º asistiu á obra: Jack and the magic beans.

 

 

E o alumnado de 5º e 6º, á obra: Tarzán.

 

 

 

 

 

ENCONTRO CON IVÁN RAÑA

Unha representación do alumnado do CEIP ADR Castelao de Ordes, asistiu a un encontro con Iván Raña, na Casa da Cultura de Ordes.