O venres 18 de xaneiro, un grupo de alumnos/as do centro puxo fin ao "Proxecto Landras. De Ordes a Vincios", a través do cal colaboramos coa Comunidade deMontes de Vincios no repoboamento dos montes queimados.
As landras que plantaramos xa fai máis dun ano deron o seu froito e os carballos que naceron delas xa están no seu destino. O monte no que os transplantamos levará o nome de "O bosque dos nen@s", xa que nel, moitos nenos e nenas están colaborando para volver a convertelo nun monte como era antes dos lumes.
Poñemosvos a ubicación do Monte do Galiñeiro (que así se coñece aquela zona pola forma de crista de galo da formación rochosa que está no alto) para que vaiades de visita cando queirades... e para que ninguén se esqueza desta colaboración, levamos unha placa de recordo que quedou alí sinalizando.
Tamén vos invitamos a seguir no facebook á Comunidade de Montes de Vincios, onde fixeron tamén unha publicación coa nosa visita e onde van informando de todas as súas actividades.
https://www.facebook.com/montesdevincios/
E agora podedes ver unha serie de fotografías do día, no que temos que agradecer enormemente a axuda prestada por todas e cada unha das persoas que estaban alí. Foi un día moi especial e podemos asegurar (por moitos feitos) que a xente de Vincios é xenerosa por riba de todo.
En breve subiremos unha recompilación de máis fotografías deste día... que hoxe estamos moi cans@s de tanto traballar!