Skip to Content

Concerto de Pakolas

O pasado mércores 14 de Xuño, o alumnado puido desfrutar dunha sorpresa que preparou a ANPA con moito agarimo para despedir o curso: o concerto de Pakolas

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

VISITA AO CiTIUS - 5º EP

Este venres 9 de xuño, os nenos e nenas de 5º EP visitamos o CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) en Santiago de Compostela. Alí aprendemos un montón de cousas relacionadas co mundo dos ordenadores: realidade virtual, supercomputadores, microelectrónica, servidores ... Una auténtica pasada!!!

VER FOTOS NA GALERÍA

Visita aos museos da Coruña 3º EP

O luns 5 de xuño, o alumnado de 3º de Primaria achegouse á cidade da Coruña, para poder visitar dous dos seus museos municipais: A Casa dos Peixes (Aquarium Finisterrae) e a Casa das Ciencias, onde puideron tamén desfrutar dunha sesión no Planetario.

Os maios

O pasado mércores despedimos o mes de maio cunha canción onde participou todo o alumnado. Aquí vos deixamos o resultado.

Podedes ver tamén algunhas fotos das actividades levadas a cabo ese día, facendo click na seguinte cámara.

Despedimos Maio

Mañá temos previsto despedir o mes de maio con diversas actividades. Para máis información podedes consultar o Blog de Biblioteca.

Certame das Letras Galegas

Xa podedes ver aos traballos que o alumnado presentou para participar no Certame das Letras Galegas posto en marcha polo equipo de Biblioteca.

A entrega de premios será o vindeiro mércores 31 de Maio.

VISITA a APÍPOLIS - 5º & 6º EP

Este pasado luns 22 de maio, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP tiveron que levantarse ben cediño para chegar en autobús preto de Pontevedra e visitar APÍPOLIS, a cidade das abellas. Alí puideron facer galletas de mel, velas e vestirse de apicultores para achegarse ás colmeas. Un día de maio para lembrar!!!

VER FOTOS NA GALERÍA   

Saída a Santiago 1º e 3º

O venres 5 de maio, o alumnado de 1º e 3º de Primaria desfrutou dun paseo no tren turístico pola nosa cidade. Durante o percorrido puideron escoitar as explicacións que lles ían relatando e describindo dos lugares polos que ían pasando. 

Ao rematar a ruta, deron un paseo pola Alameda e achegáronse ao Parque Infantil para merendar, descansar e xogar. 

 

Oratoria e visita á Domus 4º EP

O  pasado mércores 19 de abril os alumnos de 4º de primaria participaron por 2ª vez no Torneo de Oratoria da Fundación Barrié de la Maza celebrado na cidade de Coruña.

O torneo consta de cinco probas nas que hai que facer discursos de todo tipo con unha duración determinada.

O alumnado fixo un gran papel obtendo 186 puntos o equipo 1 e 179 puntos o equipo 2 sobre un máximo de 200.

Aínda que non lograron pasar á final, representáronnos moi ben e estamos moi orgullosas deles.

Para celebrar a súa actuación foron, logo de rematar o torneo,  de picnic ás instalacións para tal fin do museo da DOMUS e posteriormente continuaron coa visita das instalacións de dito museo. 

Algunhas fotos aquí:

Visita Policía Local, 4ºEP

O pasado martes 18 de abril os nenos de 4º de primaria recibiron a visita da Policía Local.

Escoitaron unha charla moi interesante sobre educación vial: os perigos aos que nos enfrontamos como peóns e as medidas a tomar para diminuír o risco.

Despois tiveron a ocasión de coñecer polo miúdo os elementos cos que traballan os policías locais de Santiago: o coche, a temible máquina de poñer multas, material defensivo…

No patio do colexio puideron experimentar como é ir na parte traseira dos coches da policía. Son moi diferentes aos coches da familia!

Tamén de vestir coma un policía listo para pasar á acción.

Podedes ver as fotos aquí:

Distribuir contido


by Dr. Radut