Skip to Content

VIDEOCONFERENCIA CON MONTEVIDEO

O pasado xoves, día 26 de outubro o alumnado de 6º EP  visitou o CAFI (Centro de Formación e Innovación Educativa) onde tiñamos previsto facer unha videoconferencia cun grupo de alumnos de idades similares da Escola Galicia de Montevideo (Uruguay). Finalmente, non foi posible facela nese momento por problemas técnicos, pero os nen@s de 6º EP grabaron un vídeo de presentación para enviarllo aos nosos novos amigos uruguaios. Premede no enlace para velo. Risa

PRESENTACIÓN 6º EP

TEATRO NO AUDITORIO PARA 3º & 4º EP

O alumnado de 3º e 4º EP visitaron o Auditorio de Galicia para ver a obra Guillermo Tell. Compañía A Baldufa realizou esta adaptación da obra orixinal para que os nen@s puideran descubrir a lenda deste heroe medieval, protagonista dunha ópera escrita por Gioacchino Rossini. Premede no enlace para ver as fotos.

FOTOS NA GALERÍA

VISITAMOS O MUSEO VIVINTE DO MEL

Para despedir o curso e aprender moitas cousas das abellas, achegámonos á localidade de Portodemouros, no concello de Arzúa. O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria visitou o Museo Vivinte do Mel "O Enredo do Abelleiro". Vestímonos de apicultores, observamos ás abellas, vimos os panais, envasamos mel, fixemos velas, xogamos e ata demos un paseo ata o encoro de Portodemouros. Foi un día ben completiño. Guiño

VER FOTOS NA GALERÍA

PARA LER NO VERÁN

Aquí tedes algunhas recomendacións de parte do Equipo de Biblioteca para que pasedes un verán estupendo desfrutando da lectura. Descargade o arquivo en pdf que figura xusto debaixo.

CURTAMETRAXE 6º EP

Os alumn@s de 6º EP, coa inestimable colaboración do mestre de Ed. Musical, Manuel del Rey, fixeron unha curtametraxe sobre a coñecida obra de Carlos Casares A galiña azul. Premede na imaxe para ver o vídeo.

EXCURSIÓN A RIANXO - 1º & 2º EP

O pasado 31 de maio, os nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. Primaria visitaron o Parque Multiaventura Camping de Rianxo. Alí estiveron na praia e fixeron diversos xogos de aventura e actividades. Pasárono en grande!!!! Risa

VER FOTOS NA GALERÍA

FERVENZAventura - Ed. Infantil

O pasado 22 de maio, os alumn@s de Ed. Infantil foron de excursión de fin de curso a FERVENZAventura (Silleda). Tiveron diversos obradoiros : fixeron pan, plantaron leitugas e viron animais de granxa. Foi un día xenial Risa 

VER FOTOS NA GALERÍA

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

No CEIP Arquitecto Casas Novoa, celebramos o Día das Letras Galegas 2017 honrando ao escritor Carlos Casares. Fixemos diversas actividades nas titorías de Ed. Infantil e Primaria sobre a figura e os textos do homenaxeado. Ademais, o 19 de maio celebramos un festival para todo o alumnado. Premede nos enlaces para ver os vídeos.

5º EI - 1º EP - 2º EP ---- A galiña azul.

4º EI - 6º EP ---- A formiga esquiadora.

6º EI - 1º EP ---- A bomba da felicidade.

3º- 4º- 5º EP ---- As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.

CONTACONTOS - 1º & 2º EP

Os alumnos de 1º e 2º EP asistiron a unha sesión de contacontos na Fundación Sargadelos. Son actividades realizadas co gallo da XVII Campaña de Animación a Lectura, posta en marcha polo Concello de Santiago coa colaboración da Ed. Kalandraka.

VER FOTOS NA GALERÍA

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN - 4º EP

O alumnado de 4º EP participou, a pasada semana, nun Obradoiro de Ilustración, no marco das actividades da XVII Campaña de Animación á Lectura. A devandita campaña foi promovida polo Concello de Santiago de Compostela coa colaboración da Ed. Kalandraka e a Fundación Sargadelos. Os nenos e nenas decoraron postais empregando diversas técnicas e materiais. 

VER FOTOS NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut