Skip to Content

HIPO & GAVANTE CHEGAN AO AUDITORIO

O alumnado de 3º e 4º de Primaria asistiu, no Auditorio, ao espectáculo musical da Banda Municipal de Música de SantiagoHistoria Extravagante de Hipo & Gavante. Esta é unha historia na que un hipopótamo e un bogavante nos falan das dificultades que hai que superar, ás veces, cando facemos novos amigos.

ENTROIDO DOS ANIMAIS NO AUDITORIO

O pasado mércores, os alumnos e alumnas de 5º e 6º Ed. Primaria asistiron, no Auditorio de Galicia,  a un concerto didáctico a cargo da Real Filharmonía de Galicia. Interpretaron a obra O entroido dos animais do compositor francés Camille Saint-Saëns, que nos permitiu achegarnos ao mundo animal mediante a música. Pasárono tan ben que se lles pasou voando!!! Risa

FESTIVAL DE ENTROIDO

Xa pasamos o Entroido e hai que lembrar que no colexio tivemos unha boa festa: música, desfile de disfraces, baile, troula e chocolatada con moitos doces. Botade unha ollada e xa veredes ... Risa

          VER VÍDEO en YOU TUBE            VER FOTOS NA GALERÍA 

CONCERTO SINGULAR NO AUDITORIO

O alumnado de 3º e 4º de Primaria asistiu o pasado martes a un Concerto Singular ou Concerto a Dúas Bandas, espectáculo musical conxunto entre o grupo Píscore e a Banda Municipal de Santiago de Compostela.Os nenos e nenas pasárono en grande nunha posta en escea que mesturou o virtuosismo musical coa comedia xestual, o clown e a participación dos nenos e nenas.

VER FOTOS NA GALERÍA


CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Recollemos as reflexións de cada curso de Ed. Infantil e Primaria para conquerir un mundo en paz. Paga a pena prestarlles atención.Risa

VER VÍDEO en YOU TUBE 

VIAXE ARREDOR DO MUNDO NO AUDITORIO

O pasado luns, 29 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º EP fixo no Auditorio de Galicia un percorrido por todo o mundo mediante escenas de longametraxes, curtametraxes, anuncios publicitarios e pezas de animación ...

VER FOTOS NA GALERÍA

FESTIVAL DE NADAL 2017

Que mellor acompañamento para as celebracións destes días que o noso Festival de Nadal !!!!. Aquí tedes as actuacións dos nenos e nenas de Ed. Infantil e Primaria. Podedes desfrutalas de novo premendo nos seguintes enlaces:          

EI 3 anos - Muñeco de nieve.                    EP 3º - Can't stop the feeling.

EI 4 anos - Let it snow.                            EP 4ºA - Noite de paz.

EI 5 anos - Si toco la trompeta.               EP 4ºB - Navidad, Navidad.

EP 1º - Madre Tierra.                               EP 5º - Blanca Navidad. Viva Lira.

EP 2º - Campaíñas.                                    EP 6º - Somos os maiores.

EP 2º - TEATRO.                                       EP 6º - TEATRO & REMATE.

VER FOTOS NA GALERÍA

Para rematar 2017 ...

MAGOSTO

A semana pasada celebramos o Magosto. Aínda que o tempo meteorolóxico non acompañou e tivemos que quedarnos no ximnasio e no patio cuberto, o alumnado pasouno bomba con xogos diversos e, por suposto, comendo castañas asadas.

VER FOTOS NA GALERÍA

SAMAÍN

Como cada curso, a finais de outubro, no noso colexio celebramos a chegada do Samaín (Halloween), con disfraces horripilantes, moito barullo, cancións, pelis e cabazas. Risa

VER FOTOS NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut