Skip to Content

CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL

O pasado venres rematamos o 1º trimestre co Festival de Nadal e cunha boa chocolatada. Despois das celebracións familiares destes días seguro que desfrutaredes coas actuacións dos nenos e nenas de Ed. Infantil e Primaria. Para velas, premede nos seguintes enlaces:

VER FOTOS NA GALERÍA

EI 3 anos - Lúa                                      EI 4 anos - Na casa da miña avoa.   

EI 5 anos - Xa me tardan ...                  EI 5 anos & 4º -  Christmas for kids.  

1º EP - Twinkle little star.                      2º EP - Decembro: Nadal.   

3º EP - Santa Claus is coming ...         4º EP -  O meu Nadal perfecto.

5º EP - Hecho con tus sueños.            5º EP -  Rudolph, the  red-nosed ...   

6º A EP - Te regalo.                               6º A EP -  Christmas is all around.   

6º B EP - We wish you ...                      6º B EP -  A percusión do Nadal.   

                        6º A & B EP - TEATRO + REMATE    

PARA REMATAR O TRIMESTRE ...

SAÍDA A CINEMASCOLA

O pasado 12 de decembro os escolares de 1º e 2º de EP foron á sede da SGAE para asistir á proxección en galego da película Copito de nieve. Esta película achéganos valores como o respecto aos animais, amizade e tolerancia coas diferencias. Despois da proxección participaron nun debate sobre estes asuntos. Foi toda unha experiencia.

RETO: VENRES SEN PLÁSTICO

Para concienciar aos nosos alumnos na necesidade de reducir o uso de plástico na nosa vida diaria o Equipo de Biblioteca propuxo o reto dos venres sen plástico.

Así que, para a túa merenda do recreo substitúe o envoltorio de usar e tirar por un tapper ou bolsa de tela e mellor utiliza botellas e culleres reutilizables. Anímate a participar e protexe o medio ambiente !!!! RisaRisaRisa

MAGOSTO

A semana pasada, celebramos o Magosto como cada curso ao chegar estas datas. Malia que o tempo non acompañou, pasamos unha tarde ben entretida cantando cancións, realizando xogos con castañas e, por suposto, degustando as castañas asadas que nos preparou José. 

VER FOTOS NA GALERÍA

TEATRO NA FUNDACIÓN SGAE

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. Primaria acudiron o luns 11 de novembro á dramatización Poeta niña que tivo lugar nas instalacións da Fundación SGAE en Santiago de Compostela, dentro do ciclo Escena en familia. Esta obra de teatro foi toda unha mostra de creatividade e iniciación á poesía con palabras e sons. Ao rematar a función os pequenos puideron interactuar cos instrumentos musicais empregados. Foi moi divertido. Risa

SAÍDA AO CGAC

O pasado martes 5 de novembro acudimos, co alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, ao Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) para asistir a un concerto didáctico titulado Un profundo misterio. A actividade tratou sobre a influencia da noite e a natureza en famosos compositores de música clásica como Debussy ou Brahms.

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Nesta semana celebramos o Samaín/Halloween no noso colexio. Houbo contos terroríficos, debuxos arrepiantes, disfraces abraiantes, cabazas monstrosas, películas, cancións ... 

VER FOTOS NA GALERÍA

ANIMALIA

O pasado xoves 24 de outubro os nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiron ao espectáculo musical Animalia, que tivo lugar no Auditorio de Galicia. Na súa posta en escena, as personaxes Pico e Pata recrearon sons e ritmos populares coa axuda da Banda Municipal de Música do Concello de Santiago. Premede no enlace para ver o vídeo.

VER VÍDEO EN YOUTUBE

BOAS VACACIÓNS

Outro ano máis chegamos ao fin do curso escolar. So queda desexar que teñades unhas boas vacacións para "cargar as pilas" de cara ao vindeiro curso. 

BO VERÁN !!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut