Skip to Content

30 Xaneiro: Día da paz

O 30 de xaneiro celebramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Os nenos e nenas da Sionlla preparamos con moito agarimo este vídeo que agardamos que desfrutedes tanto coma nós.

FESTIVAL DE NADAL 2021

Magosto 2021

O venres 12 de novembro festexamos o Magosto no colexio. Pulsando enriba da castaña podedes visualizar un vídeo feito polo EDLG.

Que bo día pasamos!

Laboratorio itinerante das ciencias: a auga.

Do 3 ao 10 de novembro aqueles cursos que desexaron, puideron desfrutar na biblioteca do noso centro, dun laboratorio ben interesante proposto pola Asociación ambiental Adiuantum a quen agradecemos o seu traballlo.

A través do mesmo o alumnado puido poñer en práctica moitos experimentos e coñecementos relacionados coa auga. 

Pulsando na seguinte imaxe podedes visualizar algunhas fotos.

O SAMAÍN

Algunhas das actividades de Samaín postas en marcha no centro a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca.

Agardamos que vos gusten.

MENÚ MES DE NOVEMBRO 2021

                             

SAMAÍN 2021

Estimadas familias,

Este curso con motivo da celebración do samaín no centro e tendo en conta a situción sanitaria actual, o claustro de profesorado acordou levar a cabo a proposta da seguinte actividade:

"Máscaras terroríficas", trátase de que aqueles nenos/as que así o desexen poidan traer da casa unha máscara cirúrxica  decorada coa temática do samaín , posteriormente estas máscaras serán expostas ao longo desta semana no centro. 

Tamén se informa de que o venres día 29 aqueles alumnos/as que así o desexen poderán vir ao centro disfrazados, sempre e cando non traian ningún accesorio que se poida compartir( escobas. tridentes, cadeas,,,)

Un saúdo. 

24 outubro: Día das Bibliotecas

Co motivo da celebración do Día das Bibliotecas, poñemos en marcha as mochilas viaxeiras e abrimos o espazo da nosa biblioteca a todo o alumnado.

Pincha na imaxe para acceder ao blog.


MENÚ 2ª QUINCENA DE OUTUBRO

 

                     

MENÚ 1ª QUINCENA DE OUTUBRO

 

                          

Distribuir contido


by Dr. Radut