Skip to Content

DÍA DA PAZ

Co gallo do Día da Paz, o noso alumnado, coa súa sabedoría habitual quixo deixar constancia dalgunhas reflexións feitas por personaxes que traballaron de firme por conquerir un mundo en paz. Esperamos que vos guste. Para ver o vídeo só tedes que premer no enlace:

Reflexións pola Paz  

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Nesta ocasión, quixemos lembrar a figura de Nelson Mandela, falecido o pasado ano. Podedes ver as fotos na galería, premendo na imaxe.

FESTIVAL DE NADAL

Xa podedes desfrutar das memorables actuacións do Festival de Nadal deste ano que xa remata. So hai que premer nos seguintes enlaces:                                                                             

EI 3 & 4 anos - Buscando unha estrela             EP 6º - All together now

EI 5 anos - Rudolph & Gatatumba                    EP 4º - Canon de Pachebel

EP 1º - O abeto está baleiro                            EP 6º - O son do ar

EP 2º - Carapuchiña Vermella                          EP 5º - Yellow submarine

EP 3º - Cun sombreiro de palla

Ademais, xa están colgadas as fotos na GALERÍA.

            

 

XA CHEGOU O NADAL!!!!!

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O día 15 de novembro celebramos a festa do magosto no cole da Sionlla. Houbo xogos populares, moita diversión e por suposto ... castañas asadas!!! Hai que felicitar aos alumnos de 6º EP polo seu gran traballo como monitores no desenvolvemento dos xogos. Xa tedes as fotos na galería e podedes velas picando neste enlace.


ESTAMOS EN SAMAÍN!!!!!

Celebramos o Samaín un ano máis con todo tipo de actividades tétricas e tenebrosas ... pero moi divertidas!!!! Xa tedes algunhas fotos na galería.


CONCERTO DE MÚSICA AFRICANA_3º e 4º EP

Os alumnos de 3º e 4º de EP asistiron no Auditorio de Galicia a un concerto que nos trae toda a enerxía de África, con máscaras, ritos, tambores, historias de respecto e paz. Os mestres de cerimonia son griots, transmisores da tradición oral no seu país, Senegal. Xa podedes ver as fotos desta interesante actividade na galería.

BENVID@S AO COLE!!!!

LIBROS DE TEXTO 2013-2014

Libros de texto para o vindeiro curso 2013-2014.

                                
        Prema aquí 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Este ano o homenaxeado é Roberto Vidal Bolaño, pioneiro do teatro en Galicia. Así que, puxemos en escea tres pequenas obras de teatro:

3º EP __ Xanciño, o mentireiro     

4º EP __ O ganso de ouro  

6º EP __ O experimento

Premede nos enlaces e a desfrutar ... 


Distribuir contido


by Dr. Radut