Co gallo do Día da Paz quixemos achegar a todo o alumnado do centro unha serie de reflexións por un mundo en paz. Premede sobre a cámara para ver o vídeo.
Como todos os anos, cada 30 de xaneiro, celebramos o aniversario da morte de Mahatma Gandhi para manter viva a memoria dunha das figuras senlleiras do movemento pola paz.
Os alumnos de 3º e 4º visitaron o Auditorio de Galicia para ver o espectáculo infantil Estamos no verán, a cargo do grupo Son +d2,unha viaxe musical chea de cancións de diferentes estilos. Sen dúbida, unha experiencia inolvidable!!! Xa tedes algunhas fotos na galería.
O Club de Lectura, constituido polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, traballou no primeiro trimestre sobre a obra galardonada co Premio Merlín 2014 de Literatura Infantil: "Escarlatina. A cociñeira defunta".
O equipo da Biblioteca organizou a visita da autora, Ledicia Costas, e os nenos e nenas do Club de Lectura pasaron con ela unha tarde estupenda. Xa podedes ver as fotos na galería, premendo no enlace.
Celebramos o magosto a semana pasada. O alumnado de Infantil e Primaria fixo diversos xogos: carreira de castañas, comecastañas, carreiras de sacos, etc. Por suposto, como remate deron boa conta das castañas asadas e dos refrescos. Premede aquípara ver as fotos na galería.
As actividades do Club de Lectura remataron por este curso, pero continuarán no próximo. Como non, quixeron despedirse cunha pequena festa. Podedes ver as fotos na galería.