Skip to Content

FESTIVAL DE NADAL

Aquí están as actuacións dos nenos e nenas de Ed. Infantil e Primaria. Podedes desfrutalas de novo premendo nos seguintes enlaces:                                                                             

EI 3 anos - Camiño das estrelas.                 EP 3º - Abre as portas.

EI 4 anos - Estrella del rock.                      EP 4º - Aló entre as pallas.

EI 5 anos - Buscando unha estrela.             EP 5º - O pendello.

EP 1º - Villancico pop.                                 EP 6º - O pelo roxiño.

EP 2º - Vinde ledos.                                

 

Ademais, hai fotos na  GALERÍA. 

BIBLIOTECA

Dende o Equipo de Biblioteca, queremos informarvos das actividades que, neste trimestre levamos a cabo:

- Adquisición e mostra de novidades editoriais.

- Posta en funcionamento do club de lectura para o alumnado de 5º e 6º.

- Celebración da semana da tradición oral.

- Sesións de contacontos para o alumnado do centro, en colaboración co mestre de música: As clases de tuba e O gato lambón.

                           

COCIÑAMOS!

Durante este curso as mestras de Educación Infantil decidimos poñer en marcha un taller de cociña co fin de desenvolver hábitos saudables de alimentación e hixiene, ademais de estes aspectos tan importantes na nosa vida cotiá pretendemos fomentar  outros contidos tan importantes como o respecto e a colaboración.

 RATIÑOS DE QUEIXO !

    

 

MOMIAS DE SAMAÍN !

MAGOSTO

Celebramos o Magosto, con murais, carteis, xogos ao aire libre e moitas moitas castañas ... Premede na imaxe para ver fotos na galería.

TEMPO DE SAMAÍN

Xa se foi o Samaín. Cabazas, disfraces, cancións e moita troula ... Premede no enlace para ver as fotos na galería.

GALERÍA DE IMAXES

COMENZAN AS CLASES!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO


                       A Sionlla, 7 de Xullo de 2015

  1. LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS.

          Por problemas técnicos na xeración das listaxes non é posible a publicación das mesmas.  Se nos informa que, “probablemente” ata o día 15 de xullo non estean as listaxes

  1. NÚMERO DE SOLICITUDES :

     -  Solicitudes para 3º de E.P.:   16.

     -  Solicitudes para 5º de E.P.:   14.

  1. EXISTENCIA DE LIBROS DE TEXTO PARA 3º E 5º DE E.P.

        Xúntase relación de libros e de solicitudes presentadas nos seguintes arquivos:

LIBROS DE TEXTO 2015-2016

Libros de texto para o vindeiro curso 2015/2016:

                     

                                                       

EXPOSICIÓN DE PINTURA E MÚSICA

Para rematar o curso o alumnado de Ed. Infantil amosounos o seu talento artístico cunha exposición dos traballos realizados ao longo do curso. Por outra banda, os alumnos de 6º EP tamén amosaron a súa imaxinación e talento construindo uns instrumentos musicais moi orixinais. Premede aquí para ver as fotos na galería de imaxes.

3º & 4º EP FORON A MARCELLE

O venres 12 de xuño, 3º e 4º de EP pasaron o día preto de Lugo, no Parque Zoolóxico Marcelle Natureza. Viron moitos animais exóticos, exploraron o parque, fixeron xogos e ata aprenderon a facer tiro con arco. 

FOTOS NA GALERÍA 

Distribuir contido


by Dr. Radut