O pasado luns, 29 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º EP fixo no Auditorio de Galicia un percorrido por todo o mundo mediante escenas de longametraxes, curtametraxes, anuncios publicitarios e pezas de animación ...
Que mellor acompañamento para as celebracións destes días que o noso Festival de Nadal !!!!. Aquí tedes as actuacións dos nenos e nenas de Ed. Infantil e Primaria. Podedes desfrutalas de novo premendo nos seguintes enlaces:
A semana pasada celebramos o Magosto. Aínda que o tempo meteorolóxico non acompañou e tivemos que quedarnos no ximnasio e no patio cuberto, o alumnado pasouno bomba con xogos diversos e, por suposto, comendo castañas asadas.
Como cada curso, a finais de outubro, no noso colexio celebramos a chegada do Samaín (Halloween), con disfraces horripilantes, moito barullo, cancións, pelis e cabazas.
O pasado xoves, día 26 de outubro o alumnado de 6º EP visitou o CAFI (Centro de Formación e Innovación Educativa) onde tiñamos previsto facer unha videoconferencia cun grupo de alumnos de idades similares da Escola Galicia de Montevideo (Uruguay). Finalmente, non foi posible facela nese momento por problemas técnicos, pero os nen@s de 6º EP grabaron un vídeo de presentación para enviarllo aos nosos novos amigos uruguaios. Premede no enlace para velo.
O alumnado de 3º e 4º EP visitaron o Auditorio de Galicia para ver a obra Guillermo Tell. A Compañía A Baldufa realizou esta adaptación da obra orixinal para que os nen@s puideran descubrir a lenda deste heroe medieval, protagonista dunha ópera escrita por Gioacchino Rossini. Premede no enlace para ver as fotos.
Para despedir o curso e aprender moitas cousas das abellas, achegámonos á localidade de Portodemouros, no concello de Arzúa. O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria visitou o Museo Vivinte do Mel "O Enredo do Abelleiro". Vestímonos de apicultores, observamos ás abellas, vimos os panais, envasamos mel, fixemos velas, xogamos e ata demos un paseo ata o encoro de Portodemouros. Foi un día ben completiño.
Aquí tedes algunhas recomendacións de parte do Equipo de Biblioteca para que pasedes un verán estupendo desfrutando da lectura. Descargade o arquivo en pdf que figura xusto debaixo.
Os alumn@s de 6º EP, coa inestimable colaboración do mestre de Ed. Musical, Manuel del Rey, fixeron unha curtametraxe sobre a coñecida obra de Carlos Casares A galiña azul. Premede na imaxe para ver o vídeo.