Skip to Content

APRENDEMOS EN CASA en RTVE

Radio Televisión Española puxo en marcha, desde hoxe luns 23 de marzo, a iniciativa Aprendemos en casa que podedes ver en CLAN TV - La 2.

Trátase dunha ferramenta máis que as familias poden empregar nas súas casas durante este periodo de confinamento para que os nenos e nenas se manteñan activos e repasen contidos xa vistos durante o que levamos de curso e poidan iniciarse noutros temas que aínda temos que ver. 

Todos os vídeos pódense ver na seguinte páxina-web:

unprofesor.com

DÍA DA POESÍA

O Equipo da Biblioteca proponvos un traballiño (voluntario) para celebrar o Día da Poesía (21 de marzo). No vídeo tedes toda información ...  

Calquera dúbida que teñades podedes dirixila ao correo electrónico da Biblioteca:

bibliotecacasasnovoa@gmail.com

CORREOS PARA CONTACTAR CO PROFESORADO

Adxuntamos un arquivo coas direccións de correo electrónico do profesorado para que poidades contactar se o precisades mentres dure o período de suspensión das clases.

Aproveito para lembrarvos que no bloque que vedes na parte superior dereita, chamado RECURSOS EDUCATIVOS, hai diferentes actividades organizadas por materias, cursos, editoriais ... para practicar en liña os diferentes contidos escolares de Infantil e Primaria.

BLOG DE 5º EP

Patricia, a titora de 5º EP, creou un blog para as nenas e nenos de 5º de Primaria.

O blog chámase:

 @s de quinto da Sionlla

Premede no enlace que está xusto enriba para entrar.

RTVE LANZA EDU CLAN

Radio Televisión Española lanzou recentemente EDU CLAN una ferramenta educativa organizada por idades con diferentes contidos de Ed. Infantil e Primaria. Premede aquí.

TAREFAS ESCOLARES PARA 3º EP

Estas son as tarefas escolares para 3º de Primaria para as dúas vindeiras semanas. Premede no arquivo axdunto para descargalo.

TAREFAS ESCOLARES PARA 6ºB

Estas son as tarefas escolares para 6ºB para as dúas vindeiras semanas. Premede no arquivo axdunto para descargalo.

MEDIDAS A ADOPTAR NO CENTRO EN RELACIÓN AO COVID-19

PREGAMOS PRESTEN ATENCIÓN AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

DESCUBRINDO A BIODIVERSIDADE EN BELVÍS

O pasado día 6 de marzo, o alumnado de 6°A e 6ºB acudiu ao Centro de Interpretación de Parques e Xardíns situado no parque de Belvís para observar a biodiversidade animal e vexetal da zona de Compostela. Despois de repasar os tipos invertebrados que hai, construíron un hotel de insectos que xa quedou instalado no noso colexio. Foi ata unha experiencia e ata tivemos bo tempo! Risa

VER FOTOS NA GALERÍA

FOMOS AO TEATRO PRINCIPAL.

Hoxe, as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria acudiron ao Teatro Principal para presenciar a obra de teatro Aguratrat, baseada no libro "Esio Trot"  de Roald Dahl, un dos escritores senlleiros no eido da literatura infantil e xuvenil. A devandita obra foi posta en escena pola compañía teatral Pérez y Fernández.

VER FOTOS NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut