Skip to Content

RESULTADO VOTACIÓNS XORNADA ÚNICA

Acta correspondente ás votacíóns celebradas no centro o día 26/03/2021.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

No cole non quixemos deixar pasar o día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro. Por iso, os nenos e nenas quixemos recitarvos e cantarvos uns poemiñas. 

Para acceder aos vídeos, premede enriba da seguinte imaxe.

O ENTROIDO MOVE O CORPO

Este ano o Entroido foi un pouquiño diferente, pero non por iso deixamos de desfrutalo. Ao ritmo do Meco, fomos movendo o corpo.

XA ESTÁ AQUÍ!

Chega o Entroido e con el as consignas do Meco, ideadas con moito agarimo, ao igual que o Meco, polo alumnado de 6º de Ed.Primaria. Noraboa polo gran traballo!

Para coñecer o que manda o Meco para o luns, pinchade na imaxe, e no blog de Marronciña poderedes descubrilo!

MOVÉMONOS POLA PAZ!

No blog de BIBLIOTECA atoparedes máis actividades relacionadas con esta celebración.

Ademais alguén nos envía un saúdo moi especial... se queres velo, pincha na imaxe!

MENÚS MES DE XANEIRO

UN SAÚDO MOI ESPECIAL!

O alumnado do CEIP Arquitecto Casas Novoa, quixo enviarvos un saúdo moi especial. Aquí volo deixamos para que poidades velo por niveis. 

Ademais dende o EDLG púxose en marcha, como cada ano, a elaboración de postais navideñas para entregarlles aos usuarios da residencia DomusVi situada na Rúa Escultor Camilo Otero, en Santiago de Compostela. O resultado foi fabuloso!

Agardamos que vos guste!

I Certame de Panxoliñas en familia

Aquí vos deixamos un vídeo con todas as panxoliñas participantes no I Certame de panxoliñas en familia.

Agradecervos ás familias por acoller esta proposta e felicitarvos polo esforzo e o traballo. 

Podedes ver as fotos da entrega de premios pulsando na seguinte ligazón.

VER FOTOS NA GALERÍA

BO NADAL E SAÚDE PARA TODOS/AS!

MENÚ MES DE DECEMBRO

 CAMBIO MENÚ DO DÍA 30 DE NOVEMBRO
Por non poder dispor do peixe fresco, o menú para o luns 30 de novembro será:
                              1º Prato: Sopa de polo.
                              2º Prato: Macarróns integrais con atún e cabaciña.
                              Sobremesa: mazá.

 

 

25 de novembro

 Estas dúas actividades foron levadas a cabo no noso centro para reflexionar e conmemorar o 25N. No blog de BIBLIOTECA atoparedes un pequeno resumo das actividades que se puxeron en marcha.

Distribuir contido


by Dr. Radut